O pleno aproba por unanimidade a solicitude de declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil
O concello de Tui solicitará aos Ministerios de Facenda e Administracións Públicas e do Interior que propoña ao Consello de Ministros a declaración de zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil tras a explosión de material pirotécnico rexistrado o pasado mércores, 23 de maio, en Paramos. Así o acordou o pleno da corporación municipal por unanimidade co obxectivo de facilitar aos afectados aos acceso ás axudas que neste sentido recolle a normativa referida para paliar os danos materiais e persoais causados.