Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos custará 3.194.772,35 €

8/09/2018

O proxecto, presentado na mañá de hoxe, terá un prazo de execución de tres meses

Na mañá de hoxe foi presentado o proxecto de desentullo da zona afectada pola explosión de Paramos, a presentación correu a cargo do alcalde de Tui Carlos Vázquez Padín, o xerente urbanístico, Rubén Vázquez, e o arquitecto redactor do proxecto, Francisco Valle Rubín. Os obxectivos deste proxecto inclúen a deconstrución das edificacións danadas, a consolidación da mampostería e sillerías antigas o desentullo da zona e transporte de residuos a instalacións autorizadas e o arranxo de muros de peche e portas. O prazo de execución previsto sería de uns tres meses e  o custo total incluíndo a obra, os gastos xerais e o proxecto e impostos  ascendería a 3.194.772 €.

Para a realización da planimetría do proxecto a empresa contratada utilizou una tecnoloxía punteira empregando  drons que van tomando referencias desde o aire e marcando con puntos sobre o plano cada unha das edificacións, muros, e volumes de todo tipo para crear unha nube de puntos que máis tarde se poden visualizar en tres dimensións. Os traballo previos a este proxecto consistiron na retirada de materiais proxectados pola explosión , repartidos nunha área de 60.000 metros cadrados, unha vez rematada esa retirada a denominada zona cero quedou acotada  cunha superficie final de 25.000 metros, unha redución considerable que permitiu centrar o proxecto de desentullo de xeito importante. As vivendas que terán que ser reconstruídas son un total de 31 , quedando 24 edificacións dentro do novo perímetro e sete fora del, desas edificacións o redor de dez terán que ser construídas de novo e o resto poderán ser reconstruídas en parte ou totalmente. Indicaba o xerente urbanístico Rubén Vázquez , que no caso de algunhas parcelas, chegouse a un acordo entre propietarios para unilas e redistribuír a superficie das mesmas co fin de facilitar a reconstrución.

O próximo luns este proxecto de desentullo será entregado na subdelegación do goberno, e a partir dese momento será o goberno central o responsable de executalo.