A próxima semana o Concello adxudicará a retirada do amianto o estudo de xestión de residuos, paso previo ao desentullo
O Concello de Tui contratará a próxima semana a retirada do amianto na zona afectada pola explosión de Paramos. Unha vez adxudicado este traballo, cun orzamento que poderá superar os 300 mil euros, a retirada deste material contaminante realizarase dende a área máis alonxada do punto da explosión até chegar a zona cero, onde terase que contar coa autorización da xuíza que leva o caso. Tamén a próxima semana será contratado o estudio para xestión de residuos, documento preciso para poder levar a cabo o desentullo.