Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe comeza a retirada de amianto e a descarga de forxados con restos de cubertas derruídas na zona cero

Undefined

Esta mañá comezaron os traballos de retirada do amianto e a descarga de forxados con cargas de cubertas derruídas na zona cero da explosión no barrio da Torre en Paramos, logo de que a xuíza autorizase  esta intervención o pasado venres. A empresa contratada polo Concello leva dende o pasado venres 22 realizando o desamiantado da zona afectada pola explosión comezando pola área máis lonxana e dende hoxe actuando xa na zona cero. Até o momento téñense recollido 24 toneladas de amianto que están ensacados e encapsulados.

O alcalde concreta ao presidente do goberno as peticións do concello para a atención á zona afectada pola explosión de Paramos

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, vén de concretar ao presidente do goberno, Pedro Sánchez, as peticións do Concello de Tui para a atención á zona afectada pola explosión de material pirotécnico nun almacén clandestino rexistrada o pasado 23 de maio.

Hoxe comezaron as actuacións previas para a retirada do amianto tras contratarse os traballos cunha empresa especializada por importe de 348 mil euros

Undefined

O Concello de Tui contratou esta semana a retirada do amianto na zona afectada pola explosión do pasado 23 de maio por un importe de 348 mil euros e o proxecto técnico de xestión de residuos e dirección de obra por importe 59 mil euros.

O Consorcio do Louro non cobrará a taxa de abastecemento e saneamento ás vivendas afectadas pola explosión de Paramos que quedaron inhabitables

Undefined

O Comité Directivo do Consorcio do Louro acordou por unanimidade este luns tramitar a baixa temporal no padrón de usuarios para aquelas vivendas que quedaron inhabitables a consecuencia da explosión de material pirotécnico en Paramos do pasado 23 de maio. O acordou tomouse a solicitude do Concello de Tui e en base á relación de vivendas afectadas facilitada polo servizo de urbanismo de Tui.

Os 11 alumnos e alumnas do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron o curso na súa aula tras repararse os danos causados pola explosión de Paramos

Undefined

Os once alumnos e alumnas da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres despediron hoxe o curso escolar 2017/18 no seu centro logo de que foran reparados os danos ocasionados pola explosión do pasado 23 de maio no barrio da Torre.   Até o colexio achegáronse esta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, e o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares. Estivo tamén presente a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez, a titora e pais e nais do alumando.

Reapertura da Aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres

Undefined

Mañá xoves, 21 de xuño, ás 12.30 horas terá lugar un pequeno acto de reapertura da aula do Souto do CRA Mestra Clara Torres que resultara danada na explosión do pasado 23 de maio.

Asistirán o alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Educación, Mila González, o xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e a directora do CRA Mestra Clara Torres, Teresa Domínguez. Tamén estarán presentes a titora da aula, os nenos que mañá despedirán o curso na súa aula, e as súas familias.

O Concello de Tui solicita 500 mil euros ao abeiro do Plan Depo-Remse para reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos

Undefined

O Concello de Tui vén de solicitar á Deputación de Pontevedra 499.815,97 ao abeiro do Plan Depo-Remse para a reposición de servizos no barrio da Torre en Paramos, afectado pola explosión do pasado 23 de maio.

Pages

Subscribe to RSS - Paramos