A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará mañá venres e o sábado en Tui.
Estará situada na rúa Casal Aboy, a carón do Centro de Saúde. Mañá venres poderase doar de 16 a 21 h e o sábado de 10 a 15 h.
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue estará mañá venres e o sábado en Tui.
Estará situada na rúa Casal Aboy, a carón do Centro de Saúde. Mañá venres poderase doar de 16 a 21 h e o sábado de 10 a 15 h.
Esta mañá na rúa Martínez Padín recoméndase circular con precaución, xa que está cortado parte dun dos carrís, con desvío de circulación.
Esta tarde quedou aberta ao tráfico de vehículos e ao tránsito peonil a praza Manuel Caramés, no Arrabal. Concluíron xa os traballos de emerxencia nun inmoble no que se rexistraron desprendementos.
Dende o mediodía do venres, 13 de febreiro, está reaberta ao tráfico a EP 3001 en Rebordáns.
Nas próximas horas prevense novas subidas do caudal do río Miño. Por este motivo recoméndase evitar a zonas de ribeira tanto do Miño coma dos seus afluentes.
Cómpre extremar as precaucións na beira do río Miño, o Louro, e os seus afluentes coma consecuencia da crecida que se está a rexistrar.
Precaución polo aumento do caudal do río Miño
Ante as precipitacións intensas previstas para os vindeiros días, recoméndase extremar as precaucións nas inmediacións do río Miño e dos seus afluentes.
Por razóns de seguridade péchase ao tráfico de vehículos e ao tránsito de peóns a praza de Manuel Carames, no Arrabal.
A Policía Local de Tui recomenda a retirada dos vehículos que están estacionados no Paseo Fluvial ante a previsión de subida do caudal do río Miño coma consecuencia das intensas choivas das últimas xornadas e a apertura de comportas no encoro de F
Recoméndase extremar as precaucións e evitar a beira do río Miño e dos seus afluentes ante o previsible aumento do caudal debido ás intensas choivas das últimas horas e á apertura de comportas do encoro de Frieira.
Hoxe luns dende ás 9 h producirase un corte no subministro de auga na rúa Augusto González Besada. Será de aproximadamente 30 minutos no primeiro tramo da rúa dende a intersección con Colón / Ourense / Martínez Padín.
A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres, 26 de decembro, e o sábado, 27 de xaneiro, en Tui.