Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos mediante unha empresa pública

15/11/2018

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.

O rexedor apunta a que realiza esta petición de acordo co artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, para "paliar os danos ocasionados" na explosión ocurrida o 23 de maio, apuntando para esta contratación a razón de "eficacia e dada a insuficiencia de medios municipais para dar axeitada satisfacción" ás necesidades existentes. Tamén da conta de que "a través da encomenda de xestión é como mellor se podería satisfacer a urxencia que existe para a realización destes traballos.

Na misiva o alcalde de Tui lembra as cartas anteriores enviadas á ministra despois da catástrofe do 23 de maio en Paramos, e ao proxecto de desentullo que o 10 de setembro entregou na subdelegación do Goberno.