I Trofeo hip-hop Eurocidade
A Eurocidade Tui-Valença celebra o I Trofeo hip-hop Eurocidade. Participarán máis de 700 persoas na final do Campionato Galego desta disciplina, que se disputará este domingo 21 no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui.
Tui e Valença constitúen dende febreiro de 2012 unha Eurocidade, nun proceso que deu oficialidade formal á relación entre as poboacións dende antano. A interacción entre as dúas cidades e a colaboración entre as súas xentes son exemplo de cooperación transfronteiriza. Os dous municipios levan a cabo actividades conxuntas de promoción turística, así coma no eido deportivo e cultural. Desta unión nacerán nun futuro, con toda seguridade, proxectos e camiños que tudenses e valençianos percorrerán xuntos.
A Eurocidade Tui-Valença celebra o I Trofeo hip-hop Eurocidade. Participarán máis de 700 persoas na final do Campionato Galego desta disciplina, que se disputará este domingo 21 no pavillón Gustavo Rodríguez, en Tui.
Hoxe martes, 5 de maio, a Eurocidade Tui-Valença acolle a visita dun grupo de 37 alumnos e tres profesores, de dez nacionalidades distintas, que participan na iniciativa sobre “Creación de experiencias turísticas en áreas transfronterizas” que propón analizar unha transformación no modelo de desenvolvemento turístico do territorio.
Tui e Valença celebraron hoxe o 140 aniversario da Ponte Internacional que une os dous municipios, e que dende hai máis dun século é símbolo de cooperación entre unha e outra beira do Miño.
A exitosa experiencia de inclusión a través da cultura e da música CaixaSon promovido polo IKFEM Festival Tui-Valença co apoio de BPI-Fundação ”la Caixa” ten en marcha xa a súa segunda edición.
Ao fronte dos talleres situarase o profesor Júlio Viana. Este ano contará cunha colaboración especial do alumnado dos centros educativos de Tui e Valença e se incorpora a Asociación San Xerome de A Guarda.
A Eurocidade Tui-Valença celebrou o seu 14º aniversario cun concerto conmemorativo, onde a música puxo de manifesto a identidade cultural compartida. Un acto no que se reivindicaron os valores europeos que definen a esta Eurocidade, como a fraternidade entre os pobos e a aspiración a un mundo máis xusto e igualitario, “sen fronteiras”.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, fixo balance destes 14 anos e incidiu nos “moitos séculos de historia e de identidade compartida entre Galicia e Portugal, e máis especificamente entre Tui e Valença”.
O calendario deportivo de 2026 da Eurocidade Tui-Valença, está formado por 14 eventos de 10 modalidades deportivas. Conforman unha programación única en Europa compartida entre dous municipios de dous países.
1.- CIRCUITO DE ANDAINAS SAUDABLES DA EUROCIDADE
A Eurocidade Tui-Valença presentou esta mañá o seu calendario deportivo para este ano 2026, formado por catorce eventos de 10 modalidades deportivas conforman unha programación única en Europa compartida entre dous municipios de dous países.
Até decembro máis de 8 mil persoas participarán nas distintas probas previstas que suporán un investimento superior aos 65 mil euros.
Mañá martes, 3 de febreiro, ás 11.00 horas españolas, na Pousada de San Teotonio de Valença, terá lugar a presentación do Calendario Deportivo Eurocidade Tui-Valença 2026. Nesta nova edición contará con 14 eventos deportivos de 11 modalidades deportivas, que se desenvolverán entre os meses de febreiro e decembro.
O Teatro Municipal de Tui acollerá o próximo sábado, 7 de febreiro, ás 20 h ES o concerto conmemorativo do 14º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença. A música, coma linguaxe universal e un dos símbolos de unión da das dúas cidades, será un punto de encontro.
Os valores e a crise do modelo de sociedade democrática serán os temas clave no II Congreso Internacional Eurocidade e Educación que durante dúas xornadas, venres 30 e sábado 31 de xaneiro, se vai celebrar na Eurocidade Tui-Valença.
Destacadas persoas expertas en educación a nivel nacional e internacional participarán neste congreso que o venres á tarde se celebrará no auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais en Valença, e o sábado, tanto en horario de mañá coma de tarde, en Tui.