O MUMI incorpora coma novidade un encontro de editoriais musicais galegas e portuguesas no Espazo Loja
O vestíbulo do Teatro Municipal acollerá o sábado 23 de setembro, dentro da progamación do MUMI, unha nova actividade dirixida á promoción e venda física de producións editoriais e discográficas da industria galega e portuguesa. Será no apartado denominado como Espazo Loja, e concebido como un Encontro de Editoras Musicais. Contará cos catálogos da portuguesa Tradisom, e das galegas aCentral Folque e Através Editora.