XII Encontro Ibérico de Kung Fu Eurocidade

Data:
28/06/2026
Lugar:
Pavillón Gustavo Rodríguez
O pavillón deportivo municipal Gustavo Rodríguez acollerá este domingo, 28 de xuño, dende ás 10.30 h o XII Encontro Ibérico de Kung Fu Eurocidade. O Club Ximnasia e Auga de Tui organiza esta competición en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.
Competirán arredor de 350 deportistas, das categorías alevín, infantil, junior, senior e veteranos.




