A Ordenanza reguladora do ornato público e a limpeza viaria do Concello de Tui ten por obxecto regular, dentro da esfera das competencias municipais, o ornato público e a limpeza das vías, establecendo unhas normas xerais de actuación ao respecto, así como un sistema de infraccións e sancións para o caso de incumprimento. Foi publicada no BOP o venres, 8 de abril de 2016.