Faise pública a listaxe de admitidos na escola deportiva de patinaxe e as quendas nas que participarán no ano 2016
Faise pública a listaxe de admitidos na escola deportiva de patinaxe e as quendas nas que participarán no ano 2016
O Concello de Tui convoca a 1ª edición do Concurso de pintura "Pinta Tui" que se celebrará o domingo día 6 de novembro de 2016
A Concellería de Ensino e Cultura organiza a VI Festa Gastronómica, que se realizará o sábado 13 de agosto de 2016 dentro das actividades da Festa do Miño 2016. Convócanse 10 postos dobres de venda directa para a promoción do produto natural, autóctono e artesá; así como a dinamización do día da Festa do Miño no centro da cidade e Centro Comercial Aberto.
As concellerías de Turismo, Cultura e Limpeza e Medio Rural do Concello de Tui convocan o presente Concurso de Pintura Mural 2016 coa finalidade de prestixiar e difundir a obra de artistas creadores de pintura mural, ademais de promover a súa creatividade.
Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Tui convoca o IX Concurso Fotográfico Literario Relación Home Muller 100% Positiva 2016
Edición de xuño de 2016 da Revista Aprende a Escoital@s
Edición de xuñ de 2015 da revista Aprende a Escoitalos
O folleto turístico A Historia en Pedra recolle os principais atractivos turísticos do municipio de Tui.
Tui conta cun importante patrimonio vinculado á presenza na cidade de xudíos e conversos. A sinagoga, a casa de Salomón, a menorá na Catedral, ou os Sambenitos que se conservan no Museo Diocesano son parte da pegada deixada na cidade pola comunidade xudía. Unha ruta percorre parte deste patrimonio.
A concellería de Turismo do Concello de Tui organiza no verán de 2016 visitas guiadas gratuítas ao conxunto histórico. Teñen lugar de martes a venres ás 20h ao conxunto histórico, de martes a domingo ás 13h ao barrio xudío, e os sábados e domingos ás 20h á igrexa de San Domingos. O punto de encontro é a Praza do Concello.
A XXI Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 6 e o domingo 7 de maio de 2017. Convócanse 44 postos para a venda directa por parte de artesáns.
O Concello de Tui editou en marzo de 2017 un novo folleto turístico que recolle a oferta de lecer de turismo activo e de hospedaxe no municipio. Realízase unha tirada de 20 mil exemplares editados en tres idiomas:castelán, inglés e portugués. Está dispoñible na Oficina Municipal de Turismo e nos establecementos hostaleiros tudenses.