Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube
  • Sesión 3/2017 Convocatoria pleno ordinario 30-03-2017

    27/03/2017

    Sesión 3/2017 Convocatoria pleno ordinario 30-03-2017

  • Sesión 4/2017 Convocatoria pleno ordinario 27-04-2017

    24/04/2017

    Sesión 4/2017 Convocatoria pleno ordinario 27-04-2017

  • Sesión 5/2017 Convocatoria pleno ordinario 25-05-2017

    23/05/2017

    Sesión 5/2017 Convocatoria pleno ordinario 25-05-2017

  • Sesión 6/2017 Convocatoria pleno ordinario 29-06-2017

    27/06/2017

    Sesión 6/2017 Convocatoria pleno ordinario 29-06-2017

  • Sesión 2/2017 Convocatoria pleno ordinario 23-02-2017

    20/02/2017

    Sesión 2/2017 Convocatoria pleno ordinario 23-02-2017

  • Bando Campaña detección precoz de cancro de mama

    9/03/2017

    O 13 de marzo de 2017 iníciase en Tui a campaña do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama da Consellería de Sanidade. As mulleres que teñan entre 50 e 69 anos e non recibiran a carta coa data, hora e lugar para acudir a realizar a mamografía gratuíta poden solicitar a súa cita no 981 14 14 14

  • Bando Autorización de espectáculos públicos, actividades recreativas, festas, feiras e demais festexos e eventos públicos

    4/05/2017

    A organización de espectáculos públicos e actividades recreativas no termo municipal de Tui debe comunicarse previamente ao Concello e nos casos contemplados no artigo 41 da Lei 9/2013 deben solicitar licenza municipal para a súa celebración. Amais os espectáculos públicos ou actividades recreativas en terreos, lugares ou bens de titularidade municipal deben contar coa correspondente autorización municipal de ocupación de dominio público.  

  • Bando sobre a obriga de manter os terreos e solares nas debidas condicións de limpeza, salubridade e ornato público e medidas para a prevención de incendios forestais

    30/03/2017

    Solicítase da cidadanía o cumprimento das súas obrigas mantendo as súas propiedades en condicións de salubridade, seguridade e ornato. Así coma o mantemento de terreos e solares limpos de maleza e lixo para previr incendios forestais. 

  • Bando entrada en vigor definitiva peonalización conxunto histórico

    27/06/2017

    O 1 de xullo entra en vigor de forma definitiva a peonalización da zona de intramuros do conxunto histórico de Tui. Tal e coma recolle a Ordenanza Reguladora do tráfico no Conxunto Histórico limitarase o acceso de vehículos ao conxunto histórico, salvo residentes, propietarios non residentes, establecementos, servizos e permisos especiais,  e as Zonas Verdes serán consideradas de aparcamento exclusivo para residentes no conxunto histórico (R) e os residentes nas propias zonas verdes (RE).

  • Sesión 1/2017 Convocatoria pleno ordinario 26-01-2017

    23/01/2017

    Sesión 1/2017 Convocatoria pleno ordinario 26-01-2017

  • Solicitude Autorización Fogueiras de San Xoán 2017

    15/06/2017

    Ante a celebración do 23 de xuño das fogueiras de San Xoán débese presentar na casa do concello a solicitude de autorización para a realización destas fogueiras, xunto á documentación requirida, ata o mércores 21 de xuño de 2017. 

  • Condicións Xerais e solicitude Campamento Urbano Verán 2017

    31/05/2017

    A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. Amais, co desenrolo destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.

    A primeira quenda desenrolarase dende o día 10 ata o 24 de xullo. A segunda quenda desenrolarase dende o día 26 de xullo ata o 9 de agosto.

  • Listaxe admitidos Campamento Urbano Tui 2017

    16/06/2017

    Ata o xoves 22 de xuño teñen os admitidos nalgunha das dúas quendas do Campamento Urbano de Verán para efectuar o pagamento dos 30,56€ correspondentes a cada quenda. Os participantes na primeira quenda deben estar o 10 de xullo ás 9h no pavillón municipal, e os da segunda quenda o 26 de xullo á 9h no mesmo pavillón.  Este non haberá nin aula matinal nin de sobremesa. A recepción dos participantes farase cada día a partir das 8.45h.

  • VII Festa Gastronómica 2017

    26/07/2017

    O sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño, celebrarase a VII Festa Gastronómica. Por este motivo convócanse 12 postos de venda directa e promoción do produto natural, autóctono e artesá. Poderán solicitar os mesmos as asociacións culturais inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Tui. Deberán facelo o mércores, 12 de agosto, no rexistro de entrada de 9 a 14h, presentado o modelo de solicitude e a documentación requirida. 

  • Sesión 7/2017 Convocatoria pleno ordinario 27-07-2017

    26/07/2017

    A corporación municipal de Tui reunirase en pleno ordinario, correspondente ao mes de xullo, o xoves, 27 de xullo de 2017 ás 18h con doce puntos na orde do día. 

  • LICITACIÓN EXPLOTACIÓN DO SERVIZO DE CAFETERíA DO CENTRO INTERFEDERADO DE TUI

    22/06/2017

    ANUNCIO

    Aprobado por Resolución da Alcaldía de data 22 de xuño 2017 o expediente de contratación da explotación de cafetería do Centro Interfederado de Tui, por procedemento aberto, cun único criterio de adxudicación e tramitación urxente, exponse ao público e se procede á apertura do prazo de presentación de proposicións.

    1.- Entidade Adxudicataria: Concello de Tui.

    2.- Obxecto do contrato: 
    Explotación Ccafetería do Centro Interfederado de Tui. CPV: 55000000-0

    3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
    a) Tramitación: Urxente.
    b) Procedemento: Aberto. 
    c) Criterio de Adxudicación: prezo á alza sobre o importe sinalado como canon anual de explotación a satisfacer á administración.

    4.- Cánon de explotación:
    4.744,80 euros/ano (IVE incluído) ( mínimo, sen prexuízo ofertas á alza). 

    5.- Duración do contrato: 
    2 anos (prórroga anual ata un máximo de 4 anos, incluídas as prórrogas que se subscriban). 

    6.-Garantías : Definitiva: 
    5% do importe de adxudicación, excluído IVE. 

    7.- Obtención de documentación e información: 
    Durante o prazo de presentación os pregos poderán ser examinados e retirar copia dos mesmos no departamento de Secretaría-Servizo de Contratación, en horario de 9,00 a 14,00 h. Tfono: 986603625.- Fax:986604148. Data límite día anterior ó do remate de presentación de ofertas. Poderán consultar as bases de licitación, pregos administrativos e demais documentación no Perfil do Contratante da páxina web (www.concellotui.org). 

    8.- Solvencia económica e financeira:
    Exento, conforme artigo 11.5 R.D. 1098/2001.

    9.- Solvencia técnica e profesional:
    Acreditación conforme á cláusula 10ª do PCAP.

    10.- Presentación de ofertas:

    a).- Data límite: 8 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio no BOP de Pontevedra e no perfil do contratante (www.concellotui.org), en dous sobres pechados e conforme establece o prego de cláusulas administrativas.

    b).- Documentación a presentar: A que figura no PCAP.

    c).- Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Tui, en horario de apertura ao público, ou ben en calquera das formas permitidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do PAC. 

    Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.

    Documento asinado dixitalmente.

Páxinas