VII Urban Trail Night Eurocidade

O sábado, 25 de novembro, celébrase a sétima edición da Urban Trail Night Eurocidade, unha proba única por ser un trail urbano, que se celebra de noite e que une dous países. Na edición de 2023 agardan chegar aos 500 deportistas inscritos.
Haberá, ao igual que o ano pasado, dúas distancias de 8 e 16 Km. Amais a Urban Trail Night Eurocidade, sumarase aos actos do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que ademais coincidirá exactamente coa data da carreira, o 25 de Novembro.
A proba sairá o 25 de novembro ás 19.30 h dende Valença e tras cruzar a vella Ponte Internacional a meta estará no Paseo da Corredoira en Tui.
A inscrición para a proba está aberta até ás 23.59 h deste mércores 22 de novembro en www.deporticket.com e en www.lap2go.com.