Contraproducións de Vedra con "Nacidas Libres"
Unha ollada fresca dende a perspectiva de xénero a temas coma a desigualdade, a ilusión da liberdade, os condicionantes da muller nas distintas culturas, a emigración… é a que ofrece a peza teatral que montan catro actrices en paro sobre unha noticia de actualidade.
Autor: Cándido Pazó
Dirección: Cristina Domínguez
Escenografía: Carlos Alonso
Música e son: Guillerme Fernández
Iluminación: Afonso Castro
Elenco: Rocío González, Susana Dans, Casilda Alfaro e Mónica Camaño
Xénero: Teatro Comecia
Clasificada: Público adulto





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.