Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.
O luns 30 e o martes 31 de outubro tudenses e visitantes poderán coñecer un pouco máis o patrimonio e a historia da cidade ligada á Inquisición coas dúas visitas guiadas temáticas programadas para estas dúas xornadas. Sairán os dous días ás 20.15h da praza da Inmaculada sendo guiadas polo historiador tudense Suso Vila. O percorrido, gratuíto, durará aproximadamente unha hora.
Luns 30 Visita guiada aos Sambenitos Inquisitoriais
Ata este sábado, 28 de outubro, a Biblioteca Municipal de Tui, leva a cabo a iniciativa “Libros por alimentos” coa colaboración de SOS Tomiño Baixo Miño. Trátase do intercambio de libros por alimentos non perecedoiros destinados á asociación asistencial que presta atención en Tui, Tomiño e O Rosal. A iniciativa está a contar cunha boa acollida por parte do público que xa aportou leite, azucre, fariña, cacao, a cambio dun libro. O intercambio pode realizarse no horario de apertura da Biblioteca de luns a venres de 9 a 14h e 15 a 21h e o sábado de 9 a 13h.
O martes 31 de outubro ás 20.15 h celebrarase a Visita Cárceres e Inquisición en Tui, dentro das visitas guiadas gratuítas que organiza o Concello de Tui. Sairá da Praza da Inmaculada e será conducida polo historiador tudense Suso Vila.
Dentro das visitas guiadas gratuítas organizadas polo Concello de Tui o luns 30 de outubro terá lugar a Visita Sambenitos Inquisitoriais. Sairá ás 20.15h dende a Praza da Inmaculada sendo guiada polo historiador Suso Vila.
Os Sambenitos penintenciais da Catedral de Tui son pezas únicas en Europa. Estes lenzos sinalaban aos herexes reconciliados polo Santo Oficio, quedando marcados durnate xeracións. Na actualidade consérvanse no Museo Diocesano formando parte da riqueza da historia social de Tui e dun patrimonio cultural extraordinario.
O novo espectáculo de María Fumaça chega este sábado, ás 19h, ao Teatro Municipal de Tui. Trátase de "Aire".
Dirixido por Uxía Senlle conta con Pablo Pastor na escenografía e Isaac Palacín no son.
Sobre o escenario para interpretar as cancións deste novo traballo estarán Uxía, voz; Magín Blanco, guitarra e voz; Sergio Tannus, cavaquiño e voz; Santiago Cribeiro, acordeón; Antonio Castillo, contrabaixo; Raquel Domínguez, gaita; Pablo Ces, bombo; Oli Xiráldez, requinta e Ana Domínguez, Chus Domínguez, Andrés Giráldez, Tatán e Blanque, voces.
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 20 de outubro, ás 21.30h a estrea de "Chola a it girl" de Artesacía.
A tudense Laura Villaverde é a autora, directora e intérprete nunha montaxe na que Roi Fernández faise cargo da escenografía e iluminación e Lucía Martínez da música.
A obra dirixida a todos os públicos a partir dos 10 anos ten unha duración de 60 minutos.
Esta mañá na sala de reunión da casa do concello de Tui tivo lugar por parte da Compañía Artesacía a presentación de “Chola a it girl”, espectáculo que se estrea o vindeiro 20 de outubro no Teatro Municipal como parte da programación de Outono no Teatro.