Sarabela con "O rei morre"

Data:
9/03/2018
Lugar:
Teatro Municipal
Venres, 9 de marzo, ás 21.30h

O rei Berenguer I construíu un mundo a súa medida. Crese atemporal e non é quen de aceptar a verdade de que o final da súa vida está preto. Pensa que se trata dun pesadelo e non deixa de dar ordes coma quen o pode controlar todo. A súa muller e o seu médico tentan convencelo de que acepte a crúa verdade.
- Autores: Ana Vallés e Eugene Ionesco
- Directora: Ana Vallés
- Escenografía: José Alfaro “Coti”
- Música e son: Sarabela Teatro
- Iluminación: Baltasar Patiño
- Elenco: Nate Borrajo, Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gago e Alfonso Míguez.
Comedia - Todos os públicos - + 12 anos - 70 min. - Galego
Venda de entradas:
- Prezos: 6 - 4,5€
- On-line: dende o venres, 2 de marzo, ás 12h, até o venres, 9 de marzo, ás 12h
- No despacho de billetes: o venres, 9 de marzo, dende ás 20h