Enterro do Bacallau
O domingo, 18 de febreiro, ás 19.30 h celébrase o Tui o Enterro do Bacallau que parte da praza de San Fernando, percorre as rúas Seixas, Ordóñez, Paseo da Corredoira, Camilo José Cela, e . rematando na traseira da Área Panorámica. No mesmo participan todas as comparsas que o luns 12 participaron no Desfile Concurso de Entroido.
É unha despedida chea de festa, de choros, de loito... dun punto e seguido até o próximo ano. Un percorrido polo centro urbano con máis dun millar de persoas que despiden o Entroido nunha celebración singular.





Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño. Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.