Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase en Tui a décima e derradeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica

29/09/2021

Maña xoves,  30 de setembro, ás 11.30 h, no CETD de Tui,  na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar a presentación da 10ª e derradeira proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica. Celebrarase no río Miño, este sábado 2 de outubro, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración do Concello de Tui, da Comandancia Naval do Miño e de Protección Civil de Tui.

Asistirán á presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez e o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández.