Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá xoves preséntase a Feira da Cabaza que no mes de outubro se vai celebrar en Tui

29/09/2021

Mañá xoves, 30 de setembro, ás 12.15 h na Oficina de Turismo, na praza de San Fernando, terá lugar a presentación da Feira da Cabaza que se vai celebrar no mes de outubro en Tui.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, das concelleiras de Comercio, Ana Mª Núñez, e de Cultura, Sonsoles Vicente, xunto a Juan Carlos Boo e Telmo Alfaya membros da organización.

A Feira está organizada pola Asociación Veciñal Monte do Seo de Areas, Comunidade de Montes de Baldráns, Asociación Sociocultural e deportiva a Insua de Caldelas, Asociación Cultural Lembranzas da Terra de Guillarei, Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, Asociación Cultural, Deportiva e Xuvenil Aloia de Pazos de Reis, Asociación Sociocultural e Xuvenil O Mosteiro de Pexegueiro, Pancho Cultural de Randufe, e Asociación Cultural San Fins de Rebordáns, contando coa colaboración do Concello de Tui.