Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A corporación municipal de Tui celebra este xoves 26 pleno ordinario

24/01/2023

A corporación municipal de Tui celebrará este xoves, 26 de xaneiro de 2023, ás 20 h pleno de carácter ordinario coa seguinte orde do día: 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, do borrador da acta da sesión anterior núm. 9/2022 de data 24/11/2022.

2º.- Toma de posesión de Alejandro Manuel Carrera Barreira á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central (2021-E-RC-6155 do 23/08/2021).

3º.- Expediente 1985/2022. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos Municipais, de data 19/01/2023, favorable á proposta de Alcaldía de data 17/01/2023, relativa á aprobación da modificación dos Estatutos do Consorcio para a Xestión do Ciclo Urbano da Auga do Louro.

4º.- Expediente 2708/2022.- Proposta da Alcaldía, de data 23/01/2023, sobre estimación parcial da solicitude de Esteban Álvarez González con rexistro de entrada nº 4436 de 18/06/2021, e, en consecuencia, proceder a aprobación inicial da rectificación puntual do Inventario do Concello de Tui/rectificación puntual do Inventario de vías e camiños municipais do Concello de Tui consistente en rectificar o camiño TU-03005.

5º.- Expte. 2708/2022.- Proposta da Alcaldía, de data 23/01/2023, sobre desestimación de solicitude de Daniel González Chamorro (representado por Leandro Nogueira Pérez), con rexistro de entrada nº 529 de 24/02/2022, de rectificación do Inventario de vías e caminos municipais do Concello de Tui.

6º.- Mocións de urxencia.

B) Actividade de control:

7º.- Dación de conta das subvencións e disposicións de interese dos meses de decembro de 2022 e xaneiro de 2023.

8º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía do núm. 2022-1735, de 21/11/2022 ata o núm. 2023-0071, de 20/01/2023.

C) Rogos e preguntas:

9º.- Rogos e preguntas.

 Convocatoria sesión plenaria nº 1/2023 de pleno ordinario do xoves, 26 de xaneiro de 2023