Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O concello de Tui izará a bandeira LGTBIQ+ esta fin de semana para conmemorar o 28 de xuño o día do Orgullo 2020

26/06/2020

A través da Concellería de Igualdade organiza un programa de sensibilización

O Concello de Tui súmase á conmemoración do Día do Orgullo que ten lugar este domingo, 28 de xuño. O programa previsto realízase co lema “Orgullosos de Tui”. Comezou hoxe mesmo coa colocación dun banco arco da vella na rúa Ourense e da bandeira na casa do concello.

Este domingo 28, de 11 a 14 h e de 17 a 21 h, na Glorieta de Vigo haberá unha caravana LGTBIQ+. Será un punto de información e sensibilización no que se repartirá material da campaña informativa deseñada dende a concellería de Igualdade que abordará o respecto á diversidade, a loita contra a violencia cara ao colectivo e a temática da violencia intraxénero. A caravana contará cunha sexóloga e un axente de igualdade que resolverán calquera tipo de dúbida sobre a diversidade sexual.

Mentres o luns 29, ás 19.30 h, terá lugar o faladoiro “A realidade LGTBIQ+” impartido por María Torre,  xornalista, sexóloga clínica, educadora sexual e creadora de ArsEroticas, e Sara Uris, profesora de Educación Infantil, especialista en xénero e igualdade e responsable do proxecto Transformando. Poderá seguirse a través do instagram de @transformando.realidades.

As persoas que desexen máis información poden contactar con igualdade@tui.gal  ou co teléfono e whatsapp 682 66 05 80.