Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Convocatoria de bolsas e aprobación das bases particulares reguladoras da convocatoria de becas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2018-2019 no Conservatorio e Escola de Música de Tui

Convocatoria e bases reguladoras para bolsas de estudo para ensinanzas musicais do curso 2018/2019 para o Conservatorio/Escola de Musica de Tui.

Aprobadas en Xunta de Goberno Local en sesión realizada o 26 de novembro de 2018, e publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 241, de data 17 de decembro do 2018.
 

En xaneiro comezará un novo curso de Deshabituación Tabáquica en Tui

Undefined

O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, levará a cabo un ano máis un curso de Deshabituación Tabáquica.

Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono, que brinda apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vense celebrando en Tui dende 2010.

A Área Panorámica tínguese de vermello co gallo do Día Mundial da loita contra o SIDA

Undefined

O Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui, co gallo do día mundial da loita contra o SIDA que se celebra este sábado, 1 de decembro, iluminará o edificio da Área Panorámica de vermello e colgará unha pancarta na fachada, ofrecendo a información a todos os cidadáns sobre a SIDA.

Un total de 251 alumnos de colexios de Tui participan mañá martes na primeira proxección deste curso do programa “O cine nas Aulas”

Undefined

O alumnado de 5º e 6º de primaria dos CEIP’S Pazos de Reis, Nº1 e Nº2 e do Colexio Maristas Santa María, participarán mañá martes, 23 de outubro, na primeira proxección deste curso do programa “O Cine nas Aulas” no Teatro Municipal de Tui. Amais os escolares do CEIP de Randufe verán a película no propio centro. En total participarán 251 alumnas e alumnas nesta actividade.

Oito nenas e nenos saharauís pasan as súas Vacacións en Paz no Baixo Miño e no Val Miñor

Undefined

O Concello de Tui leva máis de dúas décadas colaborando coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no programa “Vacacións en paz”. Unha iniciativa que permite a nenos e nenas saharauís pasar o verán en Galicia, lonxe das inhóspitas condicións do deserto, e acceder a unha asistencia sanitaria que no seu lugar de orixe é moi difícil.  Este ano son sete nenas e un nenos os que até comezos do mes de setembro pasarán esta época estival no seo de familias acolledoras nas comarcas do Baixo Miño e do Val Miño.

Recepción aos nenos saharauís que pasan as súas “Vacacións en Paz” no Baixo Miño

Undefined

Hoxe venres, 13 de xullo, ás 11h no salón de sesións da casa do concello de Tui, o alcalde, Carlos Vázquez Padín, recibirá aos nenos e nenas saharauís que pasan o seu verán en Tui e no resto dos concellos do Baixo Miño dentro do programa “Vacacións en Paz”.

O Concello de Tui xestiona ante entidades públicas e privadas facilitar os trámites aos afectados para dar de alta ou baixa servizos

Undefined

O Concello de Tui está a realizar xestións ante distintas entidades, públicas e privadas, para buscar o xeito máis sinxelo de facilitar aos afectados pola explosión rexistrada hai unha semana en Paramos a realización de distintos trámites.

O Fondo de Emerxencia, que se aprobará o xoves en pleno, cubrirá en primeiro lugar as necesidades básicas dos afectados

Undefined

A xunta de portavoces do Concello de Tui reunida este mediodía na casa do concello consensuou levar a o pleno ordinario deste xoves a aprobación dun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería, para o Fondo de Emerxencia tras explosión rexistrada o pasado mércores na parroquia de Paramos.

Os voceiros políticos estiveron de acordo en que a distribución destes fondos se realice en coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios municipais, destinándose en primeiro lugar para cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa, transporte... dos afectados.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais