Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Oito nenos e nenas saharauís pasan o verán en Tui

Undefined

Dende hai uns días oito nenos e nenas saharauís están a pasar o verán en Tui no seo de sete familias acolledoras. Ir á praia, percorrer o Monte Aloia, ir á piscina, e coñecer toda a nosa contorna son so algunhas das actividades que realizan na súa estadía na cidade.  Forman parte do grupo nenos e nenas saharauís que este verán estarán en Galicia ao abeiro do programa Vacacións en Paz promovido por Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, e que neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

Máis de 300 persoas activan corpo e mente grazas a dous programas promovidos polo Concello de Tui

Undefined

Un total de 345 persoas beneficiáronse esta temporada dos programas Cultiva a Mente e Coida o Corpo promovidos polo Concello de Tui e impartidos por AFAGA. Estes dous proxectos promoven o envellecemento activo e saudable das persoas maiores de 55 anos, impulsan espazos de socialización e fomentan a súa autoestima. Realízanse en todas as parroquias de Tui: Areas, Baldráns, Caldelas de Miño, Guillarei, Malvas, Paramos, Pazos de Reis, Pesegueiro, Randufe, Rebordáns e Ribadelouro. 

Aberto o procedemento para adxudicar as cinco vivendas municipais en Caldelas destinadas a alugueiro social

Undefined

O Concello de Tui ven de iniciar o procedemento para adxudicar as cinco vivendas rehabilitadas no edificio municipal, no barrio do Monte, en Caldelas para destinalas a alugueiro social.  Durante un prazo de vinte días naturais, contados dende onte, cando se publicou o anuncio no BOPPO, pódense presentar as solicitudes, no modelo dispoñible na web municipal ou na casa do concello, para a inclusión na Listaxe de demandantes de vivenda de alugueiro social.

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso co envellecemento activo

Undefined

A Ribeira de Caldelas acolleu esta semana as “Olimpíadas Senior” coa participación das 165 persoas usuarias do programa Coida o Corpo impulsado polo Concello de Tui. Foi un encontro deportivo con distintas probas por equipos, buscando potenciar o exercicio físico a través do xogo, a superación persoal e o sentimento de pertenza ao grupo. 

Os encontros tiveron lugar en dúas xornadas, o luns 25 e o mércores 27, onde os usuarios e usuarias se dividiron en 11 grupos para realizar as probas nun contexto lúdico e nunha contorna natural privilexiada.

300 alumnos e alumnas asisten á primeira proxección de O Cine nas Aulas

Undefined

O Teatro Municipal de Tui acolleu esta mañá a primeira das proxeccións deste curso do programa “O cine nas Aulas”.  A través do Servizo de Prevención de Drogodependencias o Concello de Tui, oferta esta actividade aos centros educativos de Primaria e Secundaria na que empregando o cine coma ferramenta se abordan diferentes temáticas incidindo na prevención.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais