Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Festas de San Telmo no Teatro Municipal

O Concello de Tui asume por segundo ano consecutivo a organización das festas patronais da cidade nunha aposta por uns festexos cun marcado carácter popular, para vivir e desfrutar na rúa, que sexan espazo de encontro entre os tudenses e os visitantes e que ao tempo sexan un escaparate de todo o que Tui ofrece patrimonio, natureza, cultura, deporte... As actividades previstas conxugarán un programa festivo, a celebrar ao longo de dez días, no que haberá unha ampla oferta para todos os públicos.

O quinto Faladoiro de Educación abordará o tema “Educando en positivo”

Undefined

“Educando en positivo”  é o título do Faladoiro en Educación a celebrar mañá xoves, 2 febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Este é a quinto dos seis  actividades previstas este curso nun programa organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que comezou o 3 de novembro.  O derradeiro faladoiro terá lugar o 2 de marzo co tema “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais