Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”.

O sábado, 30 de novembro, vaise impartir en Tui o curso gratuíto de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”. Terá lugar no pavillón do CEIP nº2 de 10 a 14 h e de 17 a 20 h. Ofértanse 15 prazas que se cubrirán por orde de solicitude, tendo preferencia as mulleres empadroadas no Concello de Tui. Será impartido por monitores especialistas da Federación Galega de Loita, pertencentes a Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. 

Tui acolle dende maña as xornadas profesionais do Colexio Profesional de Psicoloxía de Galicia sobre atención en catástrofes

Undefined

“Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” é o título das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia que dende mañá xoves e até o sábado se van celebrar no Teatro Municipal, no edificio da Área Panorámica de Tui. Están organizadas polo  Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, contando coa colaboración do Concello de Tui e da Ordem dos Psicloógos Portugueses.

Presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”

Undefined

Mañá mércores, 13 de novembro, ás 11.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos” que se van celebrar en Tui dende este xoves até o sábado.

XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Accesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”

O Teatro Municipal da Área Panorámica acollerá do xoves 14 ao sábado 16 de novembro de 2019 as XXIV Xornadas da Sección de Psicoloxía e Saúde do Colexio Oficial de Psicoloxía de GaliciaAccesibilidade á atención psicolóxica durante e despois dunha catástrofe: experiencia Tui-Paramos”. O programa previsto é o seguinte: 

234 alumnos e alumnas de Secundaria asisten mañá á segunda proxección do programa “O Cine nas aulas”

Undefined

 234 alumnos e alumnas de secundaria de centros educativos de Tui van asistir mañá martes, 5 de novembro, á segunda proxección deste curso escolar do programa “O cine nas aulas” que realiza o Departamento Municipal de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto ao alumnado e profesorado de 2º da ESO dos IES San Paio, Indalecio Pérez Tizón, Colexio Marista Santa María e Seminario Menor San Paio asistirán mañá á proxección da película no Teatro Municipal, e ao remate recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas os alumnos/as.  

Concentración polo Día Mundial do Cancro de Mama este xoves en Tui

Undefined

O Concello de Tui súmase ás conmemoracións do Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar este pasado sábado, 19 de outubro.  Para concienciar sobre esta enfermidade o Concello xunto coa AECC no Baixo Miño convoca unha concentración este xoves, 24 de outubro, ás 12 h diante da Casa do Concello.

Oitenta persoas participan nos obradoiros “Cultiva a mente” en cinco parroquias tudenses

Undefined

Hoxe comezou o primeiro dos obradoiros “Cultiva a mente” postos en marcha polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias de Galicia, en cinco parroquias tudenses. Trátase dunha iniciativa pioneira que busca descentralizar este servizo e achegalo á cidadanía.

Mañá ten lugar a primeira proxección do programa “O cine nas aulas” co que se traballa na prevención

Undefined

Mañá mércores, 16 de outubro, ten lugar a primeira das proxeccións deste curso 2019/2020 do programa “O Cine nas aulas” que desenvolve o departamento de Prevención de drogodependencias do Concello de Tui.

Mañá asistirán ao Teatro Municipal de Tui 274 alumnos e alumnas  de 5º e 6º de primaria, do CEIP Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP Nº2, CEIP de Randufe e CEIP de Guillarei. Tras a proxección recollerán as Unidades didácticas coas que logo traballarán nas aulas.

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros “Cultiva a Mente” que poñen en marcha o Concello e AFAGA

Undefined

O Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia, poñen en marcha os obradoiros gratuítos “Cultiva a mente” en seis parroquias tudenses.  Celebraranse de outubro a xuño nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.

As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais