Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

O Concello de Tui e AFAGA poñen en marcha do programa Cuidand@-me

Undefined

O Concello de Tui, , a través dos Servizos Sociais Comunitarios, e AFAGA, e AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencia de Galicia, organizan o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes ou con discapacidade Cuidand@-me. Desenvolverase entre os meses de maio e novembro cun total de 24 sesións os luns de 11 a 12.30h no Centro Sociocomunitario de Tui.

Unha concentración e a lectura dun manifesto centran mañá os actos do 8M en Tui

Undefined

“Pola igualdade real, tí es unha peza clave” é o lema baixo o que este ano o Concello de Tui vai conmemorar o Día Internacional da Muller, co obxectivo de visibilizar á muller e ao tempo que implicar a toda a sociedade en lograr unha igualdade real.

O acto central terá lugar mañá xoves, 8 de marzo, ás 12.30h diante da casa do concello cunha concentración e a lectura dun manifesto que será lido por unha traballadora do Concello.

O Concello de Tui solicita á consellería de Sanidade que revise as deficiencias no novo centro de saúde

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu hoxe un escrito á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no que solicita que adopte as medidas necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o novo centro de saúde na rúa Casal Aboy.

A mostra “Sorrisos Transformadores” chega a Tui para visibilizar a diversidade de identidades

Undefined

Esta mañá inaugurouse en Tui a mostra fotográfica “Sorrisos transformadores”, unha exposición organizada pola Deputación de Pontevedra e a Asociación de familias de menores Trans Arelas.

Na inauguración estiveron presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradas, e a concelleira de Educación, Mila González.

O martes ás 11h será inaugurada en Tui a exposición Sorrisos Tranformadores

Undefined

O próximo martes, 20 de febreiro, ás 11h terá lugar a inauguración da exposición “Sorrisos Transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradás, e a deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.

Exposición e charla "Sorrisos transformadores"

O martes, 20 de febrero, ás 11h na Sala anexa de exposicións da Área Panorámica será inaugurada a exposición “Sorrisos transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans .  O acto comezará ás 11h cunha conferencia a cargo de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, na Sala Félix Rodríguez.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais