Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Aprende a Escoitalos

O Servicio de Prevención de drogodependencias e outras conductas aditivas, edita anualmente a revista “Aprende a escoital@s” que trata temas de prevención e está dirixida á familia, tanto ás nais/pais coma aos fillos/as.

Undefined

Curso de Formación de Adultos preparatorio das probas libres da ESO

Dende os Servizos Sociais do Concello de Tui promóvese un curso de formación de adultos preparatorio das probas libres para a obtención do graduado de Ensino Secundario Obrigatorio, ESO. As clases celébranse os luns de 17.30h a 19h e os mércores de 19.30h a 21h, na Área Panorámica. Comezou en marzo de 2017

Galego

A Área Panorámica tínguese de morado co gallo do Día Mundial do Alzheimer

Undefined

Tui súmase mañá, 21 de setembro, á celebración do Día Mundial do Alzheimer coa iluminación en morado do edificio da Área Panorámica na rúa Colón. Deste xeito quérese visibilizar esta doenza, que na área de Vigo afecta a máis de 10 mil persoas. O Concello de Tui responde así á solicitude neste senso feita dende AFAGA, a Asociación de Familiares de Alzheimer e outras demencias de Galicia.

Recepción ao nenos saharauís que pasan o verán en Tui dentro do programa Vacacións en Paz

Undefined

Mañá xoves, 10 de agosto, ás 12h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a recepción aos nenos saharauís que pasan o verán en Tui e na contorna dentro do programa Vacacións en Paz.

Os nenos e as súas familias de acollida serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, xunto a outros membros do equipo de goberno e o delegado da Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí no Baixo Miño, Enrique Porto.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais