Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Cine nas aulas

O programa “O Cine nas Aulas” desenvolvido polo Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui emprega o cinema coma ferramenta para levar a cabo actividades de prevención entre os escolares do municipio abordando deste xeito diversos problemas que se rexistran na sociedade actual.

Undefined

Servizos Sociais Comunitarios

Instalacións: planta baixa da casa do Concello

Teléfono: 986 60 36 25 ext 54

Horario de atención ao público: luns, martes, xoves e venres de 9 a 14h previa cita

 

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui teñen as súas dependencias  na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria.  Constan dunha sala de espera con espazo para 8 persoas e unha oficina de atención personalizada.

Undefined

Obradoiros nos institutos e o reparto de material informativo centran en Tui a campaña co gallo do Día Mundial da Loita contra a SIDA

Undefined

Co gallo do Día Mundial da Loita contra a SIDA o Servicio de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui,  está levando a cabo unha serie de actividades.

Por unha banda está a realizar nos institutos tudenses talleres para  promocionar estilos de vida e formas de diversión saudables, desmitificando falsas crenzas e mala información. O obxectivo é permitirlle aos individuos estar a cargo da súa saúde e non ser pasivos, fomentar no marco asociativo xuvenil o desenvolvemento de estilos de vida saudables e ofrecer formación sobre desta enfermidade.

Mañá ás 12.30h no salón de sesións da casa do concello ten lugar o acto central da campaña En Negro

Undefined

Mañá ás 12.30hn no salón de sesión da casa do concelo de Tui terá lugar o acto central na cidade da campaña “En negro”.  O alcalde, Carlos Vázquez Padín, dará lectura ao manifesto gallo da conmemoración este sábado, 25 de novembro, do Día Internacional contra a violencia de xénero. O acto contará coa actuación dun trío de vento metal do Conservatorio Profesional de Música de Tui formado por Felipe Fernández Vilanova, Lucas Álvarez Pérez e Ángel Canfora Lorenzo.

Tui vístese de negro do 23 ao 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia machista

Undefined

Tui vestirase de negro do 23 o 26 de novembro en sinal de dó por todas as mulleres que sofren violencia de xénero. Desde xeito a cidade súmase á campaña En Negro posta en marcha en 2015 e na que este ano participan a nivel galego 75 concellos e tres deputacións provinciais, así coma máis de 3 mil establecementos, entidades e asociacións.

En decembro celebrarase en Tui o obradoiro “Risos en Familia” do programa Tecendo Lazos

Undefined

En decembro celebrarase en Tui o obradoiro interxeneracional “Risos en familia: risoterapia creativa anti-estrés” dentro do programa Tecendo Lazos que oferta a Deputación de Pontevedra, e no que neste caso colabora o Concello de Tui.

O obradoiro terá lugar os martes, mércores, xoves e venres do 19 ao 29 de decembro en horario de 18 a 20h na Área Panorámica.

Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de Primaria participarán mañá na segunda proxección de O Cine nas aulas

Undefined

Mañá mércores, 15 de novembro, 318 alumnos de 5º e 6º de Primaria asistirán no Teatro Municipal de Tui á segunda proxección do programa “O Cine nas Aulas” que leva a cabo o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, Ceip de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Servizos Sociais