Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

En xaneiro comezará un novo curso de Deshabituación Tabáquica en Tui

12/12/2018

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 deste mes. É preciso contar cun número mínimo de 12 inscritos

O Departamento de Prevención de Drogodependencias do Concello de Tui en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, levará a cabo un ano máis un curso de Deshabituación Tabáquica.

Trátase dun programa de axuda específica e personalizada para facer fronte ao complexo proceso de abandono, que brinda apoio técnico, consellos,  compañía e recompensas. Vense celebrando en Tui dende 2010.

O curso consta de 7 sesións cunha duración de hora en media cada unha, impartidas en horario de tarde.  Durante o mes de xaneiro farase unha primeira entrevista coa terapeuta, e xa o curso propiamente dito dará comezo o día 24 de xaneiro na Área Panorámica.

Para impartir o curso é preciso contar cun número mínimo de 12 persoas, e coma máximo con 16. En anos anteriores téñense cuberto todas as prazas, e o 70% dos participantes deixaron de fumar.. As persoas interesadas, que deben ser maiores de 18 anos, pódense inscribir ata o 21 deste mes nas dependencias de Servizos Sociais, no correo paula.ssociais@concellotui.org ou no teléfono 986 60 36 25.