Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de Axuda no Fogar
Taxa pola prestación do servizo de Axuda no Fogar
Son moi diversos os ámbitos de actuación dos Servizos Sociais, dende a prevención, ao asesoramento ou a axuda as persoas en situacións máis desfavorecidas. Piar básico da loita pola igualdade de oportunidades os Servizos Sociais de Tui, dan apoio a centos de persoas que por distintas circunstancias vitais precisan deles. Colaboran ademais con outras entidades públicas e privadas na busca sempre da mellora da calidade de vida dos cidadáns.
Taxa pola prestación do servizo de Axuda no Fogar
O obxecto do presente regulamento é a adaptación do Servizo Municipal de Axuda no Fogar ás novas necesidades e organización do Concello de Tui, respectando o establecido na Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do Réxime local, Lei13/2008 do 3 de Decembro de Servizos Sociais de Galicia, no Decreto 240/1995 do 28 de xullo que regula os Servizos Sociais de Atención Primaria, a Orde de 22 de Xaneiro de 2009 da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar polo que se regula o servizo de Axuda no Fogar, e Lei 39/2006 do 14 de decembro de Promoción da Autonomía persoal e atención as persoa