Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no Punto Limpo

Undefined

O Punto Limpo de Tui, situado en Guillarei a carón da nave municipal, conta coas súas instalacións renovadas tras as obras acometidas ao longo das últimas semanas.  A renovación do peche perimetral, a construción dunha nova caseta e colocación de sinais indicativas do contedor que alberga cada tipo de residuos foron parte das melloras levadas a cabo.

Tui incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva

Undefined

O Concello de Tui reafirma a súa aposta pola reciclaxe e a recollida selectiva do lixo coa adquisición de novos contedores para illas de reciclaxe co que se incrementará en case 90 mil litros a capacidade de recollida selectiva. Grazas á novas unidades que se porán a dispor da cidadanía incrementarase en 28.800 litros a capacidade de recollida de envases lixeiros, 30 mil litros para cartón e 30 mil litros para a recollida de vidro. 

O Concello de Tui fai un chamamento á cidadanía para a correcta xestión do lixo

Undefined

O Concello de Tui fai un chamamento á colaboración cidadá para que non se volva repetir imaxes de caixas de cartón fóra dos contedores e sen dobrar cando o colector está baleiro, de bolsas de residuos orgánicos depositados a primeira hora da tarde ou fóra do contedor.  O obxectivo é lograr unha xestión eficiente dos residuos, mellorar a salubridade e a imaxe do municipio, e protexer o medioambiente.

Presentación da Guía de Residuos, exposición Ponte a Zero e charla-obradoiro sobre os microplásticos

O xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) terá a presentación da Guía de Separación Residuos editada polo Concello de Tui. 

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Medio Ambiente, Ismael Diz, de  Xestión de Residuos, Rafael Estévez, a mestra composteira e técnica de xestión de residuos, Sara Luque, xunto a persoal técnico do CEIDA.

Tui presenta unha Guía de Separación de Residuos

Undefined

O Concello de Tui aposta por realizar cada vez unha mellor xestión dos residuos xerados a nivel doméstico, fomentando a separación e reciclaxe. Continuando con esa liña de traballo o próximo xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) a presentación da Guía de Separación Residuos. Esta publicación, elaborada polo Concello de Tui, ten por obxectivo aportar, de xeito sinxelo e visual, información  sobre onde depositar os  distintos tipos de residuos.

O Plan de Compostaxe Municipal de Tui exemplo de boas prácticas nunhas xornadas técnicas en Asturias

Undefined

A experiencia de compostaxe que se desenvolve no concello de Tui dentro do Plan de Compostaxe Municipal foi dada a coñecer hai un días en Asturias coma exemplo de boas prácticas.

A mestra composteira de Tui, Sara Luque, representando ao Concello de Tui, presentou a experiencia tudense nas xornadas inaugurais da Campaña de Compostaxe Doméstico e Comunitario de COGERSA, Consorcio para la Gestión de los Residuos Sólidos de Asturias.

Colectores Recollida Aceite de Cociña Usado

Un total de 25 colectores para a recollida de aceite de cociña usados son os que hai distribuídos ao longo do termo municipal de Tui. Nas últimas semanas este servizo estendeuse ás parroquias dotando destes colectores a Areas, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Rebordáns, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, Caldelas, Guillarei, Paramos e Ribadelouro.

En 2019 recicláronse 3626 quilos de aceite de cociña usado, e en 2020 a cifra incrementouse aos 7185 quilos. 

Undefined

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xestión de Residuos