Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentación da Guía de Residuos, exposición Ponte a Zero e charla-obradoiro sobre os microplásticos

O xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) terá a presentación da Guía de Separación Residuos editada polo Concello de Tui. 

Na presentación participarán o alcalde, Enrique Cabaleiro, os concelleiros de Medio Ambiente, Ismael Diz, de  Xestión de Residuos, Rafael Estévez, a mestra composteira e técnica de xestión de residuos, Sara Luque, xunto a persoal técnico do CEIDA.

Tui presenta unha Guía de Separación de Residuos

Undefined

O Concello de Tui aposta por realizar cada vez unha mellor xestión dos residuos xerados a nivel doméstico, fomentando a separación e reciclaxe. Continuando con esa liña de traballo o próximo xoves, 22 de febreiro, ás 17 h terá lugar no edificio Francisco Sánchez (entrada porta 4) a presentación da Guía de Separación Residuos. Esta publicación, elaborada polo Concello de Tui, ten por obxectivo aportar, de xeito sinxelo e visual, información  sobre onde depositar os  distintos tipos de residuos.

O Plan de Compostaxe Municipal de Tui exemplo de boas prácticas nunhas xornadas técnicas en Asturias

Undefined

A experiencia de compostaxe que se desenvolve no concello de Tui dentro do Plan de Compostaxe Municipal foi dada a coñecer hai un días en Asturias coma exemplo de boas prácticas.

A mestra composteira de Tui, Sara Luque, representando ao Concello de Tui, presentou a experiencia tudense nas xornadas inaugurais da Campaña de Compostaxe Doméstico e Comunitario de COGERSA, Consorcio para la Gestión de los Residuos Sólidos de Asturias.

Colectores Recollida Aceite de Cociña Usado

Un total de 25 colectores para a recollida de aceite de cociña usados son os que hai distribuídos ao longo do termo municipal de Tui. Nas últimas semanas este servizo estendeuse ás parroquias dotando destes colectores a Areas, Baldráns, Malvas, Pexegueiro, Rebordáns, Randufe, San Bartolomeu de Rebordáns, Caldelas, Guillarei, Paramos e Ribadelouro.

En 2019 recicláronse 3626 quilos de aceite de cociña usado, e en 2020 a cifra incrementouse aos 7185 quilos. 

Undefined

Punto Limpio

Punto Limpio

Guillarei

Horario de Inverno ( do 30 de setembro ao 1 de xuño)

  • De luns a venres de 8.00 a 14.30 h
  • Sábados: de 9.00 a 13.30 h
  • Festivos pechado

Horario de Verán ( do 1 de xuño ao 30 de setembro)

  • De luns a venres de 8.30 a 14 h
  • Sábados de 9 a 13 h
  • Festivos pechado

Para o servizo de recollida de voluminosos pode solicitarse cita no mesmo número de teléfono  629 70 64 36 de luns a venres de 9 a 14 h.

Galego
Subscribirse a RSS - Xestión de Residuos