Foro do Camiño - Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
O martes, 25 de xaneiro, ás 19 h continuará o Foro do Camiño Portugués cunha nova conferencia.
Nesta ocasión será coa presenza dun destacado protagonista da recuperación e revitalización do Camiño de Santiago en Galicia, Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, exconselleiro da Xunta de Galicia e medalla de honra do Concello de Tui dende o ano 2017.




