Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui ten unha clara vocación turística. A súa situación e os seus recursos naturais e patrimoniais constitúen un valor en alza. O conxunto histórico, o Camiño Portugués, o Parque Natural do Monte Aloia, o río Miño, a ruta xudía, a Eurocidade...son os eixos principais desta área. O Turismo amosase cada vez máis coma un dos principais recursos cos que contará Tui no futuro. A promoción é xa un eixo fundamental no desenvolvemento dun sector, que lentamente vai creando traballo e oportunidades na cidade. Unha tarefa na que todos deberemos implicarnos, por suposto o Concello como xestor pero tamén as empresas e os profesionais do sector.

Máis de 8.600 persoas pasaron pola Oficina Municipal de Turismo no mes de xullo

Undefined

Durante o mes de xullo na Oficina Municipal de Turismo do Concello de Tui atendéronse a 8.684 persoas que demandaron información turística sobre a localidade e a contorna, e sobre o Camiño de Santiago. 

Así do total de consultas recibidas 6.638 foron realizadas por turistas e 2.046 por peregrinos.  Do 22 ao 31 de xullo foi cando se rexistrou a maior afluencia de persoas a este punto de información turística con 3.564 consultas, unha cifra que duplica a da semana do 8 ao 14 de xullo cando 1.569 persoas se achegaron até a Oficina de Turismo na praza de San Fernando. 

Mostra de Traxes Tradicionais

Até o 31 de agosto pódese visitar no cárcere vello de Tui,  na rúa Sanz,  unha Mostra de Traxes Tradicionais organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Recreativa San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui. 

Na mesma pódense admirar distintas pezas, algunhas orixinais e outras réplicas, da vestimenta tradicional de distintas zonas de Galicia nos últimos séculos. 

A exposición abre de luns a sábado 10 a 13 h e de 17 a 20 h.

De forma paralela os venres dia 13, 20 e  27 de agosto ás 19 h haberá obradoiros musicais. 
 

O cárcere vello acolle até finais de mes unha mostra de traxes tradicionais

Undefined

O cárcere vello de Tui,  na rúa Sanz, acolle ao longo deste mes de agosto unha Mostra de Traxes Tradicionais organizada pola Asociación Cultural, Xuvenil e Recreativa San Telmo, coa colaboración do Concello de Tui. 

Na mesma pódense admirar distintas pezas, algunhas orixinais e outras réplicas, da vestimenta tradicional de distintas zonas de Galicia nos últimos séculos. 

A exposición abre de luns a sábado 10 a 13 h e de 17 a 20 h.

De forma paralela os venres dia 13, 20 e  27 de agosto ás 19 h haberá obradoiros musicais. 
 

O Museo Diocesano de Tui reabre mañá as súas portas ao público

Undefined

Dende mañá mércores, 3 de agosto, poderá volver visitarse o Museo Diocesano de Tui, en horario de 11 a 14 h  e de 18 a 20 h de luns a venres. O donativo para a entrada é dun euro. Será grazas ao acordo acadado entre o Concello de Tui e o Bispado da Diocese de Tui-Vigo. 

O Museo Diocesano, situado no antigo Hospital de Pobres e Peregrinos, na praza do Concello, custodia valiosas pezas do patrimonio tanto de Tui coma da comarca do Baixo Miño.

A V Feira do Peregrino será presentada mañá venres

Undefined

Mañá venres, 30 de xullo, ás 12 h no Pórtico da Catedral de Tui terá lugar a presentación da V Feira do Peregrino que se vai celebrar na cidade o sábado 4 e o domingo 5 de setembro.

A feira está organizada por ACITUI, Asociación de Comerciantes e Industriais de Tui, a Asociación Amigos do Camiño de Santiago de Tui, e a Asociación Turismo Cidade de Tui , coa colaboración do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia, Iacobus e AGACS.

O alcalde e os concelleiros de Deportes e Turismo despediron aos membros equipo olímpico uruguaio concentrado en Tui que partiu cara Toquio

Undefined

Hoxe partiron dende Tui cara Toquio os membros da selección uruguaia de Remo que estiveron concentrados na cidade dende o pasado 12 de xuño.  En concreto participarán nos Xogos Olímpicos Bruno Cetraro, que será o abandeirado da delegación uruguaia, e Felipe Kluver, xunto ao adestrador Osvaldo Borchi.

Esta tarde inaugúrase a mostra “Via Lusitana” na Sala Municipal

Undefined

Hoxe, martes, 13 de xullo, ás 20.30 h será inaugurada a exposición “Via Lusitana. O espazo xacobeo no Norte de Portugal e Galicia”. Está organizada pola Xunta de Galicia no marco das actividades do Ano Xacobeo 2021-2022, e conta nesta ocasión coa colaboración do Concello de Tui.

O acto contará coa presenza de representantes do Concello de Tui e de Turismo da Xunta de Galicia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Turismo