Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Listas provisionais admitidos-excluídos listas de reserva arquitecto e traballador social

Undefined

Mediante Resolución de Alcaldía de data 24/07/2018 se aprobou o listado provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a formación de lista de reserva de arquitecto.

Mediante Resolución de Alcaldía de data 24/07/2018 se aprobou o listado provisional de admitidos e excluídos do proceso selectivo para a formación de lista de reserva de traballador social.

Os aspirantes excluídos dispoñen de 3 días hábiles para presenta alegacións.

O prazo remata o vindeiro día 30/07/2018.

Proceso selectivo para a contratacion laboral temporal a tempo completo dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas

Undefined

No BOP da provincia de Pontevedra de hoxe se publica anuncio da convocatoria e bases de selección do proceso selectivo para a contratación laboral temporal a tempo completo dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informaticas.

O prazo de presentación de instancias finaliza o vindeiro 06/08/2018.

Para mais información na pestana de emprego público o directamente aquí

Proceso selectivo para a contratacion laboral temporal a tempo completo dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas

No día de hoxe celebrouse o segundo exercicio do proceso selectivo dun encargado de mantemento de redes e aplicacións informáticas.

Pode consultarse a certificación da acta cos resultados do primeiro exame do proceso selectivo.

Os aspirantes dispoñen de 3 días para presentar alegacións as puntuacións e a proposición do tribunal

 

Reinicio do proceso selectivo para un técnico medio para a oficina de turismo

Undefined

No BOP de Pontevedra de hoxe día 18/07/2018, sae publicado anuncio co inicio do prazo de presentación de instancias para a selección dun técnico medio para a oficina de turismo. O prazo de presentación de instancias remata o vindeiro día 26/07/2018.

Para mais información pinchar aquí

Dez persoas comezaron hoxe a traballar no Concello, como peóns de horticultura e xardinería, grazas á achega da Xunta de 103 mil euros

Undefined

Dez persoas comezaron hoxe a traballar no Concello de Tui coma peóns horticultura e xardineiría grazas á achega de 103.260,15 concedida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia ao Concello de Tui. O contrato terá unha duración de sete meses.

Inicio prazo presentacion instancias procesos selectivos listas de reserva arquitecto, técnico de administracion xeral, traballador social e auxiliar administrativo

Undefined

Inicio prazo presentacion instancias procesos selectivos listas de reserva arquitecto, técnico de administracion xeral, traballador social e auxiliar administrativo, finaliza o vindeiro 11/07/18.

Para consultar os procesos pinchar aqui

Procesos selectivos para a formacion de listas de reserva

Undefined

O Concello de Tui, vai abrir catro procesos selectivos para a formación de listas de reserva para nomeamentos interinos nas seguintes prazas:

Arquitecto

Técnico de Administración Xeral

Traballador Social

Auxiliar Administrativo.

 Xa se poden consultar as bases do proceso aqui. O prazo de presentación de instancias comunicarase a traves desta web, coa publicación do anuncio no Boletin oficial da Provincia de Pontevedra.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego