Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

En outubro impartiranse en Tui dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais na construción

Undefined

O Concello de Tui en colaboración coa Fundación Laboral da Construción oferta dous cursos gratuítos de prevención de riscos laborais.  Celebraranse na segunda quincena do mes de outubro no Centro Municipal de Formación en Guillarei.

Trátase dun curso de Nivel Básico de Prevención de Riscos Laborais para o sector da Construción cun duración de 60 horas lectivas, e outro curso de Prevención de Riscos Laborais para traballos de Albanelería de 6 horas lectivas.

Alumnado do Obradoiro Percorre Tui realiza visitas guiadas para os maiores da Residencia San Telmo

Undefined

O alumnado do Obradoiro de Emprego Percorre Tui realizou estes días unha visita guiada dirixida a un grupo de maiores da Residencia San Telmo. En concreto a visita partiu dende a propia residencia, na rúa Antero Rubín, até a igrexa de San Domingos, situada a poucos metros, onde recibiron explicacións, por parte dos alumnos e alumnas do obradoiro da historia e características deste templo. Posteriormente achegáronse até a alameda de San Domingos, e ao Centro de Interpretación “Tui, Camiño de Santiago”, situado no antigo convento de San Domingos.

Historia de Tui, vida sa e novas tecnoloxías centran o “Programa de Maiores. Mareas de Coñecemento e experiencia” que se impartirá en setembro

Undefined

A Concellería de Formación e Emprego do Concello de Tui e a Universidade de Vigo, van levar a cabo o “Programa de maiores. Mareas de Coñecemento”. Trátase dunha actividade formativa gratuíta para persoas maiores de 55 anos que se vai realizar do 23 ao 30 de setembro en horario de tarde.  Contará cunha duración de 15 horas de formación teórica e práctica a cargo de profesorado do Programa Universitario de Maiores, da Facultade de Ciencias da Educación e do Deportes e da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo.

Ruta Porta do río Tripes

O xoves, 22 de agosto, ás 17.45 h, realizarase unha visita guiada á ruta Porta do río Tripes  partindo da praza de San Fernando. Este roteiro ten por obxectivo unir o centro histórico da cidade co Parque Natural de Monte Aloia. Parte da praza de San Fernando para realizar un percorrido circular de 11 quilómetros.

Ruta dos Pasos da Auga - Martes 20

O martes, 20 de agosto, ás 10.30 h saíra do Centro Cultural de Ribadelouro unha nova visita guiada pola ruta dos “Pasos da Auga”, deseñada polo Obradoiro Percorre Tui para pór en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Realízase por segunda vez tras o éxito rexistrado na celebra o pasado martes, 13.

O martes 20 realizarase unha nova visita guiada gratuíta á Ruta dos Pasos de Auga en Ribadelouro

Undefined

O próximo martes, 20 de agosto, realizarase unha nova visita guiada gratuíta á ruta dos “Pasos da Auga” na parroquia de Ribadelouro, guiada polo alumnado do Obradoiro de Emprego Percorre Tui. Organízase esta nova visita tras o éxito rexistrado onte á tarde na visita levada a cabo cun centenar de participantes.

Nas próximas semanas contrataranse aos catro titulados do Plan O Teu Primeiro Emprego

Undefined

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos  de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego