Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A mellora da cualificación dos posibles traballadores a través de distintos cursos, cunha aposta pola clara pola formación e a orientación laboral que permita a súa inserción laboral son obxectivos claro na área de Emprego e Formación. Este labor centralízase por unha banda no Centro de Formación Ocupacional e por outra a través da Axente de Desenvolvemento Local. 

Mañá preséntanse as xornadas “Emprego e Turismo” que se van celebrar o próximo venres 27 de setembro

Undefined

Mañá venres, 20 de setembro, ás 10 h, na sala de reunións da casa do concello de Tui presentaranse as Xornadas “Turismo e Emprego, un futuro mellor”, que o próximo venres, 27 de setembro se van celebrar en Tui coincidindo co Día Mundial do Turismo. 

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Emprega Tui puxo en contacto hoxe a demandantes de emprego e empresas para coñecer as necesidades empresariais e como afrontar os procesos de busca de emprego

Undefined

Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados.

Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE. O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.

Un centenar de persoas participan mañá en Emprega Tui

Undefined

Mañá martes, 17 de setembro, ás 9.15 h na aula da UNED de Tui, no antigo convento de San Domingo terá lugar a apertura do foro de emprego, Emprega Tui, que se vai celebrar ao longo da mañá con máis dun centenar de participantes. O acto de apertura correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

O programa a desenvolver é o seguinte:

Ás 8.45 h coa recepción dos participantes

Ás 9.15 h Presentación do foro da man do alcalde, Enrique Cabaleiro, e da concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez.

Foro de Emprego Emprega Tui

A Aula da UNED, no antigo convento de San Domingos, acolle o martes, 17 de setembro, o foro de emprego Emprega Tui promovido polo Concello de Tui a través do Plan Integral de Emprego.

É preciso inscrición previa, e as prazas son limitadas.  As persoas interesadas poden anotarse no correo p.i.emprego@tui.gal o nos teléfonos 664 552 493, 629 706 436 e 986 60 16 51 ou presencialmente no segundo andar do Centro Municipal de Formación municipal do Concello de Tui en Guillarei.

Contratos en prácticas programa "O teu primeiro emprego"

Undefined

Mediante resolución do Concelleiro delegado de persoal de data 03/09/2019 se aprobou lista de admitidos se nomeou tribunal e se sinalou data da valoración de méritos do proceso selectivo para a contratación laboral en prácticas de 4 persoas, dentro do programa de fomento do emprego "O teu primeiro emprego".

A data da valoración de méritos será mañá mercores día 04/09/2019 as 13:00 horas, unha vez rematada os resultados se poderán comprobar aquí

Proceso seleccion contratos en practicas "O teu primeiro emprego"

Undefined

O Concello de Tui abre un proceso de selección de 4 persoas para ser contratadas en practicas.

Solo se lle comunicará esta convocatoria a aqueles interesados que veñan relacionados na sondaxe de demandantes remitidos pola oficina do Servizo Público de Emprego, en cumprimento do disposto nas bases reguladoras destas axudas, debendo presentarse os interesados no Concello de Tui, nas datas fixadas na comunicación remitida pola antedita oficina, para recoller as bases da convocatoria e formalizar a súa solicitude de participación no proceso de selección.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Emprego