Reunión do equipo de goberno en Rebordáns
O equipo de goberno do Concello de Tui reúnese o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h cos veciños de Rebordáns para coñecer de primeira man as súas necesidades. Será na Casa Cultural de Rebordáns.
Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.
Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui
986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal
O equipo de goberno do Concello de Tui reúnese o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h cos veciños de Rebordáns para coñecer de primeira man as súas necesidades. Será na Casa Cultural de Rebordáns.
O equipo de goberno do Concello de Tui continúa coas xuntanzas cos veciños das parroquias para coñecer de primeira man as súas necesidades. Despois de reunirse cos veciños de Malvas, Pazos de Reis, Areas e Paramos, esta semana a cita será o sábado, 23 de febreiro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns.
Dende o Concello convidan a todos os interesados a asistir a estas xuntanzas para poder trasladar as súas dúbidas ou propostas tanto ao alcalde como aos concelleiros que conforman o equipo de goberno.
O novo pavillón municipal de deportes de Tui acollerá este sábado. 23 de febreiro, a primeira xornada da Fase Sur de Judo alevín e infantil organizada pola Federación Galega de Judo, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Tui.
As obras de apertura da rúa Ourense estarán rematados na última semana do mes de marzo, incluíndo a execución do proxecto modificado que foi preciso realizar para solucionar unha serie de cuestións que se atoparon no inicio das obras. Ese modificado suporá un incremento do 25% no orzamento previsto inicialmente en 220 mil euros, pero en todo caso estará por baixo dos 314 mil euros nos que o proxecto sairá a licitación.
O novo folleto turístico da Ruta Xudía de Tui foi presentado este mediodía na casa do concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Cultura e Patrimonio, Eduardo Freiría.
Mañá venres, 15 de febreiro, ás 12.30 h o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, comparecerá en rolda de prensa, na sala de reunións da casa do concello de Tui, para falar das obras de apertura da rúa Ourense que se están a executar.
Acta da sesión ordinaria de pleno nº 14/2018 do xoves 29 de novembro de 2018
Acta da sesión extraordinaria de pleno nº 13/2018 do venres 09 de novembro de 2018
Acta da sesión ordinaria de pleno nº 12/2018 do xoves 25 de outubro de 2018
Acta da sesión extraordinaria de pleno nº 11/2018 do venres 19 de outubro de 2018