Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido haberá as seguintes restricións ou cambios no tráfico.
Debido á celebración do Desfile-Concurso de Entroido haberá as seguintes restricións ou cambios no tráfico.
A unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visita esta semana en Tui. Estará situada na rúa Casal Aboy a carón do Centro de Saúde.
Horario:
Hoxe xoves 15 e mañá venres 16 estará pechada a travesía do Pilar debido as obras que se están a executar na rúa Colón. Desculpen as molestias.
A rúa Bispo Lago - rúa Nova - está pechada ao tráfico hoxe e mañá por obras. Desculpen as molestias.
O luns, 18 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural Caldelas o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia.
O venres, 15 de novembro, ás 20 h no edificio da Macoca en Pazos de Reis o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia.
A unidade móbil de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, estará en Tui o venres 15 e o sábado 16 de novembro. Estará situada na rúa Casal Aboy a carón do Centro de Saúde.
O xoves, 14 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Randufe o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia.
Nova reunión do equipo de goberno o luns, 11 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Guillarei coa veciñanza da parroquia.
O venres, 8 de novembro, ás 20 h na Casa Cultural de Rebordáns o equipo de goberno reúnese coa veciñanza para tratar as necesidades da parroquia.
O equipo de goberno está a manter unha serie de reunións nas parroquias tudenses para tratar as necesidades de cada unha delas cos propios veciños.
Tras as obras de reparación do firme hoxe xoves está xa aberto o aparcamento municipal.