Pechadas as instalacións deportivas municipais ao aire libre
24/11/2024
Aviso. Alerta Laranxa
Debido á previsión de fortes choivas e vento as instalacións deportivas municipais ao aire libre permanecerán hoxe pechadas. Por este motivo os partidos que se ían xogar nos campos municipais do Álvarez Durán, Santa Columba de Ribadelouro, e A Gándara de Guillarei quedan suspendidos.
Recoméndase extremar as precaucións ante a situación meteorolóxica adversa prevista para esta xornada.
Cómpre evitar zonas arboradas ou próximas aos ríos.
Evitar desprazamentos, e no caso de ter que realizalos consultar o estado da estrada, diminuír a velociade e aumentar a distancia de seguridade.