Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

ACTUALIZACIÓN Aviso por choiva e vento o domingo 24 de novembro

24/11/2024

Aviso. Nivel de alerta laranxa

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por choiva dende primeiras horas da tarde do domingo 24 de novembro. Prevense precipitacións acumuladas de ata 30 l/m2 nunha hora e de 80 l/m2 en 12 horas.

Recoméndase precaución pola previsión de fortes ventos e choivas!. 

Aconséllase

Evitar os desprazamentos por estrada

Evitar, na medida do posible, zonas arboradas e próximas o río

Retirar de friestras, balcóns,... elementos que poden caer co vento

+ información aemet.es | axega112.gal | meteogalicia.es