Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

“Mascotas” chega este venres, 11 de agosto, á Praza de San Fernando

Undefined

A praza de San Fernando acollerá este venres, 11 de agosto, ás 22.15h a proxección da película de animación “Mascotas”. Esta é a terceira entrega do cinema de verán programado para os meses de xullo e agosto dentro da programación cultural do Concello.

Neste filme dirixido a público familiar os protagonistas son Max e Duke, dous cans que rivalizan por ser a mascota preferida da súa dona. Ambos, deixan a un lado as súas diferencias para facer fronte ao plan do coello Snowball que quere formar un exército de animais domésticos abandonados para vingarse dos seus donos.

Tui porá en valor o seu patrimonio xudeu durante as Xornadas Europeas da Cultura Xudía

Undefined

Dar a coñecer o importante patrimonio vinculado á cultura xudía é o obxectivo das actividades que se van celebrar en Tui do 1 ao 3 de setembro dentro das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que este ano teñen por lema “Diáspora”.  O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e o historiador tudense, Suso Vila, foron esta mañá os responsables de dar a coñecer a programación prevista.

A Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música Xuvenil de Xinzo actuarán no XXVI Festival de Bandas

Undefined

Un ano máis terá lugar en Tui o Festival de Bandas, que chega á súa XXVI edición. Será este sábado, 5 de agosto, na praza de San Fernando, ás 22h. Esta cita musical é un dos clásicos da programación de verán do Concello de Tui e contará nesta ocasión coa actuación da Banda de Música Popular de Tui e, como convidada, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

Mañá ás 12h inaugúrase a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

Undefined

Mañá xoves, 3 de agosto, ás 12h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica terá lugar a inauguración da exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”.  Esta mostra, promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres. En doce paneis recóllese a historia de 172 veciñas da provincia, a quen deste xeito se lles rende unha homenaxe.

Este venres chega a segunda entrega do cinema na rúa á praza de San Fernando

Undefined

Este venres o cinema na rúa incluído na programación da Axenda Corredoira Cultural terá a súa segunda entrega. Será ás 22.15h na praza de San Fernando coa proxección da película “Los Pitufos. La aldea escondida”.

Nesta ocasión Pitufina e os seus irmáns están facendo sendeirismo no descoñecido Bosque Encantado, na procura dun lendario pobo. Os Pitufos teñen que conseguir ser máis rápidos que o malvado Gargamel mentres intentan manter a salvo os seus propios misterios.

VII Festa Gastronómica 2017

O sábado, 19 de agosto, dentro da Festa do Miño, celebrarase a VII Festa Gastronómica. Por este motivo convócanse 12 postos de venda directa e promoción do produto natural, autóctono e artesá. Poderán solicitar os mesmos as asociacións culturais inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Tui. Deberán facelo o mércores, 12 de agosto, no rexistro de entrada de 9 a 14h, presentado o modelo de solicitude e a documentación requirida. 

O folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México estará o martes na XVIII Noite Internacional do Miño

Undefined

O próximo martes, 25 de xullo, ás 21.30h celebrarase no Parque do Laxal en Rebordáns a XVIII Noite Internacional do Miño. Trátase dunha cita, plenamente consolidada, organizada pola Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui.  Este ano daranse cita neste evento grupos de Xeorxia, Letonia, Kenia e México amais dos propios organizadores pertencentes ao Centro Cultural San Fins de Rebordáns.

Este xoves arranca en Tui a programación do verán coa proxección do filme de animación “Canta!”

Undefined

Esta semana comeza en Tui a programación do verán incluída na Axenda Corredoira Cultural. Será este xoves, 20 de xullo, ás 22.30h na praza de San Fernando coa proxección da película “Canta!”, un filme de animación para toda a familia.

Buster Moon é un optimista koala que pretende salvar o seu teatro, un local que coñeceu tempos mellores. Para sacalo a flote decide organizar un concurso de canto polo que irán pasando distintos animais.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura