Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Cinema, música xunto a Festa do Miño e Arraianos conforman a oferta estival en Tui

Undefined

Cinema e música protagonizan a oferta cultural para os meses de xullo e agosto en Tui xunto á VII Festa do Miño e o II Festival Arraianos. Trátase dunha programación dirixida a todos os públicos pensada para disfrutar na rúa.  Con estas propostas ábrese a Axenda Corredoira Cultural do segundo semestre do ano que recolle a programación prevista ata o mes de decembro.

Mañá ás 10.30h preséntase a Axenda Cultural Corredoira do segundo semestre de 2017

Undefined

Mañá venres, 14 de xullo, ás 10.30h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación da Axenda Cultural Corredoira correspondente ao segundo semestre de 2017.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, xunto a Alejandro Otero e Adolfo Besada, directores das Bandas de Música de Xinzo e Tui, Alfonso González da organización da Noite Internacional do Miño, e Javier Argüelles do Festival Arraianos.

XXVI Festival de Bandas de Música

O sábado, 5 de agosto, ás 22.00 h a Praza de San Fernando acolle o XXVI Festival de Bandas de Música.

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo, coma agrupación convidada, e a Banda de Música Popular de Tui, coma anfitrioa, serán este ano as responsables do Festival de Bandas de Música que chega a súa vixésimo sexta edición. 

En caso de choiva celebrarase no Teatro Municipal de Tui. Aforamento limitado. Retirada de dúas entradas de balde por persoa dende ás 21.30h

XVIII Noite Internacional do Miño

O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o martes, 25 de xullo, ás 21.30h a XVIII Noite Internacional do Miño. O folclore de Xeorxia, Letonia, Kenia e México será o protagonista este ano na Noite Internacional do Miño, un evento que organiza a Escola de Baile e Música San Fins de Rebordáns. Unha cita xa consolidada no calendario estival que recibe cada ano o aplauso de centos de persoas.

Cinema na rúa "Trolls"

Remata a programación de Cinema na rúa o venres, 25 de agosto, ás 22h  coa proxección de "Trolls", na praza de San Fernando.  cunha duración de 92 minutos.

Da man de DreamWorks chega unha comedia fresca, divertida, chea de música de incribles aventuras. Os protagonistas son os alegres Trolls e as súas cancións, e canda eles os pesimistas Bergens. O líder dos Trolls ten por diante unha misión de rescate que o levará moi lonxe.

Cinema na rúa "Mascotas"

O venres, 11 de agosto, ás 22.15h dentro da programación de Cinema na rúa proxectarase a película de animación "Mascotas" con 87 minutos de duración. 

Max e Duke, dous cans que rivalizan por ser a mascota preferida da súa dona, deixan a un lado as súas diferencias para facer fronte ao plan do coello Snowball que quere formar un exército de animais domésticos abandonados para vingarse dos seus donos.

Cinema na rúa "Los Pitufos. La aldea escondida"

Dentro da programación de Cinema na rúa o venres, 4 de agosto, ás 22.15h, na praza de San Fernando proxectarase "Los Pitufos. La aldea escondida" con 89 minutos de duración. A entrada é de balde. 

Pitufina é a gran protagonista desta nova entrega da saga dos Pitufos. A busca dun lendario pobo, escapar do malvado Gargamel e manter a salvo os misterios dos Pitufos centran a trama deste filme.

*En caso de choiva proxectarase no Teatro Municipal debendo nese caso retirar un máximo de 2 entradas por persoas dende media hora antes. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura