Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Convocados doce postos de venda directa para a VII Festa Gastronómica que se celebrará o 19 de agosto

26/07/2017

As asociacións tudenses interesadas deberán presentar a solicitude o mércores 2 de agosto no rexistro de entrada

Ante a celebración o sábado, 19 de agosto, da VII Festa Gastronómica, dentro do programa da Festa do Miño 2017 o concello de Tui convoca doce postos dobres para a venda directa e promoción do produto natural, autóctono e artesá.

Segundo as bases de participación que rexen esta convocatoria poderán solicitar estes postos as asociación culturais de Tui inscritas coma tales no rexistro municipal de asociacións, cubríndose os postos por orde de inscrición.  Os colectivos interesados deberán presentar a súa solicitude o mércores, 2 de agosto, de 9 a 14h no rexistro de entrada do concello no modelo normalizado acompañando a documentación requirida nas bases. Deberán aboar amais as taxas correspondentes, de 14,90€ por participante, no departamento de Tesourería.

A Festa Gastronómica celebrarase o sábado 19 de agosto, de 20 a 00h na rúa Lugo.

Consultar bases e modelo de solicitude