Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Enterro do Bacallau

Dende a praza de San Fernando partirá de rigoroso loito o enterro do Bacallau no que miles de persoas darán a despedida ao Entroido por este ano. Participarán as comparsas presentes no desfile do luns, pero tamén moitos máis que non queren perder esta cita que rematará na traseira da Área Panorámica tras un percorrido polo centro urbano

Sicixia

Autor, director e guionista: Ignacio Vilar
Montador: Fernando 
Alfonsín
Son: Bernat Fortiana
Director de fotografía: Diego Romero 
Suárez-Llanos
Elenco: Monti Castiñeiras, Marta Lado, Arantza Villar, Melania 
Cruz, Artur Trillo, Dani Trillo e Tamara Canosa.

 

Martes de Carnaval

As Galas do Defunto e A Filla do capitán

Autor: Ramón María del Valle Inclán
Dirección: Tito Asorey e Marta Pazos
Escenografía: Fernando Ribeiro
Iluminación: Rui Monteiro
Música: Hugo Torres e José Diaz
Elenco: Dez actrices e actores galegos

Unha nova mirada sobre a obra dun dos dramaturgos máis universais de todos os 
tempos, Valle Inclán, traducida ao galego , é a aposta para esta temporada do 
CDG.  As galas do defunto1 e A filla do capitán2 da triloxía “Martes de 
Carnaval” achegan unha visión do mundo dende o esperpento.

Foucellas

Autor e director: Cándido Pazó
Escenografía: Dani Trillo
Música: Manuel 
Riveiro
Iluminación: Afonso Castro
Elenco: Toño Casais, Dani Trillo, María 
Ordóñez e Artur Trillo

 

O Espírito do bosque

Produtora: Dygra Film SL 
Produtor: Manolo Gómez
Dirección: David Rubín 
e Juan C. Peña
Guión: Beatriz Iso 
Música: Arturo B. Kress

Furi, Cebolo, Linda e o rato Piorno non están dispostos a que o bosque sexa 
destruído. Mentres os outros animais foxen, eles fan fronte aos plans dun 
poderoso empresario para contruír unha estrada e da malvada Sra. Dabondo para 
acabar co seu fogar.

Feo!

*Premio María Casares ao Mellor Espectáculo Infantil 
2016

Autor: Juan Rodríguez e Laura Sarasola
Dirección: Laura 
Sarasola
Iluminación e son: Suso Jalda
Escenografía: Caramuxo 
Teatro
Elenco: Juan Rodríguez 

Entre os centos de parrulos de goma producidos a diario na fábrica “Il Papero 
Giallo” un día un sae un parrulo diferente. Esta comedia teatral para toda a 
familia, inspirada no “Parrulo feo” de Andersen, é un canto á diversidade e á 
esencia de ser un mesmo.

Sirenita

*Mellor espectáculo de monicreques ex aequo Fetén 2016

Autor e director: Pablo Vergne
Idea e dirección artística: Eva 
Soriano
Son, iluminación, realización escenografía e monecos: Ricardo 
Vergne
Elenco: Marisol Rozo e Esther Blanca

A sereniña pode deixarse levar pola marea do amor sen ter que renunciar nin a 
súa natureza nin a súa voz. O clásico de Andersen cobra vida da man de dúas 
actrices que con botellas de auga, esponxas... escenifican o mundo dos 
habitantes do mar.

Esta fin de semana o público familiar ten unha dobre cita no Teatro Municipal de Tui con Don Quixote e a Carapuchiña Vermella

Undefined

“Don Quixote, unha comedia gastronómica” presenta unha montaxe única  cos espectadores no escenario e a “Carapuchiña Vermella” buscará unha experiencia inmersiva con música en directo

Dobre cita esta fin de semana no Teatro Municipal de Tui. O venres, ás 20h, Limiar Teatro Presenta “Don Quixote, unha comedia gastronómica” e o sábado, ás 19h, Educa Teatro achega “Carapuchiña Vermella”.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura