Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

Caramuxo Teatro da Coruña con "Redondo"

Unha esfera agocha historias sorprendentes que poderemos descubrir nunha proposta visual, case sen palabras, para gozar en familia. A Mr. Round o seu protagonista fascínanlle os obxectos redondos.

Autor: Juan Rodríguez e Laura Sarasola Pontón

Dirección: Laura Sarasola Pontón

Son e iluminación: Suso Jalda

Escenografía: Caramuxo Teatro

Elenco: Juan Rodríguez

Xénero:  Teatro para bebés

Clasificada: Público familiar

Recomendada: de 6 meses a 3 anos

Duración: 30 min.

Idioma: Galego

Pista Catro de Santiago de Compostela con "Outono"

A compañía de novo circo galego Pistacatro celebra os seus dez anos reunindo a parte dos seus fundadores, cunha homenaxe aos pallasos clásicos con música en directo. É unha celebración da amizade e do fracaso. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Autor: Pistacatro Productora de Soños S.L            

Dirección: Antón Coucheiro        

Música: Xabier Mera

Son: Ghato

Escenografía: Uxia P. Vaello        

Iluminación: Javier Quintana

Elenco: Aitor Garuz, Natalia Outeiro “Pajarito”, Pablo Reboleiro e Manu Lago

A Panadaría do Porriño "Elisa e Marcela"

Elisa e Marcela foron o primeiro matrimonio homosexual en Galicia, casaron o  8 de xuño de 1901 e para logralo Elisa tivo que se transformar en Mario. A súa é unha historia de transgresión, de desafío ás regras do binomio de xénero, de defensa dos seus dereitos…

Autores:  Esther Carrodeguas, Gena Baamonde e A Panadaría

Dirección: Gena Baamonde

Vestiario e caracterización: Fany Bello

Música: Ailén Kendelman

Iluminación: Laura Iturralde e Montse Piñeiro

Elenco: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman

Xénero:  Comedia Musical

Artesacia da Coruña con "Chola a it girl"

Unha chamada inesperada da un xiro ao Show de Chola, unha blogueira e youtuber do rural galego 100% ecolóxica. Transmite un titorial para converterse nunha “ It Girl Rectificada” en dez sinxelos pasos.

Autora e directora: Laura Villaverde

Escenografía e iluminación:  Roi Fernández

Música: Lucía Martínez

Movemento escénico: Fran M Buceta

Elenco: Laura Villaverde

Xénero:  Teatro contemporáneo

Clasificada: Todos os públicos

Recomendada: +10 anos

Duración: 60 min.

Idioma: Galego

Ilmaquinario de Ourense con "Resaca"

Alex marcou a vida de cinco amigos, que tras a súa desaparición deciden lembrar quen foi a través de recordos, cadernos, fotos, música… Memoria, reflexión, recordo,… para entender o presente pero tamén o futuro, nun espectáculo que é unha celebración da vida e da amizade.

Autores: Tito Asorey e Ana Carreira

Director: Tito Asorey

Escenografía: Montse Piñeiro e Laura Iturralde

Música: Vadim Yukhnevich

Iluminación: José Manuel Faro “Coti”

Elenco: Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vazdim Yukhnevich

Trompicallo de Abegondo presenta "Planeta Ardora"

A un planeta moi lonxano van chegando habitantes do máis variado: un verme, un ancián, ... e todos queren quedar e construír cousas novas, facer un fogar... Pero tamén chegan habitantes que queren o contrario. Qué ten o lugar? A resposta está na luz.

Idea orixinal e dirección: Marián González

Escenografía: Luís González e Marián González

Música: Ignacio Sanz

Elenco: Sabela Amado Rojo, Marián González e Luís González

Xénero:  Teatro/Monicreques

Clasificada: Público familiar

Recomendada: + 2 anos

Duración: 50 min.

Best Boy actúa este sábado no concerto Fin de Verán en Tui

Undefined

A música dos Best Boy despedirá este sábado o verán en Tui nunha iniciativa da Asociación Cultural Betún na que colabora o Concello de Tui a través das concellerías de Ensino e Cultura e de Patrimonio. A praza de Fromista será o escenario, en pleno conxunto histórico, dunha festa na que música e gastronomía irán da man a partir das 20.30h.

Preto dun centenar de persoas percorrerán este sábado o Camiño Portugués entre Caminha e Tui

Undefined

Reivindicar a importancia do Camiño Portugués pola Costa dende Caminha ata Tui é o obxectivo da andaina organizada para este sábado por Iacobus Tui en colaboración co Concello de Tui.  Preto dun centenar de persoas realizarán en dous grupos este percorrido histórico, un grupo completando os 34 quilómetros que separan Caminha e Tui e o outro grupo os 17 quilómetros entre Vila Nova de Cerveira e Valença.

Presentación mañá ás 11.15h do Concerto Fin de Verán

Undefined

Mañá xoves, 14 de setembro, ás 11.15h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o Concerto Fin de Verán que se vai celebrar este sábado, 16 de setembro, na praza de Fromista. Está organizado pola Asociación cultural Betún coa colaboración do Concello de Tui a través das concellerías de Cultura e Patrimonio.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do concelleiro , Miguel Capón Rey, e da concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, xunto a responsables da Asociación Cultural Betún, e do grupo tudense Best Boy.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura