Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

VI Festa Gastronómica 2016

A Concellería de Ensino e Cultura organiza a VI Festa Gastronómica, que se realizará o sábado 13 de agosto de 2016 dentro das actividades da Festa do Miño 2016. Convócanse 10 postos dobres de venda directa para a promoción do produto natural, autóctono e artesá; así como a dinamización do día da Festa do Miño no centro da cidade e Centro Comercial Aberto.

XX Feira do Libro Galego

postos da librarías Espazo Lector Nobel, Iris e Valverde. No Paseo da Corredoira
Carlos Casares é o autor homenaxeado no Día las Letras Galegas. A súa obra terá lugar destacado nos postos que achegarán as librarías tudenses Iris, Espazo Lector Nobel e Valverde ao Paseo da Corredoira na festa das nosas letras. Que mellor forma de festexalo que cun libro, porque hai un exemplar para cada quen, neno ou adulto, aventureiro ou soñador, apaixonado da lectura ou ocasional lector. 
Programación
• Ás 12.00h Inauguración

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura