Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 12h inaugúrase a exposición “Rexas, mulleres baixo o terror franquista”

2/08/2017

Mañá xoves, 3 de agosto, ás 12h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica terá lugar a inauguración da exposición “Rexas. Mulleres baixo o terror franquista”.  Esta mostra, promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres. En doce paneis recóllese a historia de 172 veciñas da provincia, a quen deste xeito se lles rende unha homenaxe.

A inauguración mañá xoves correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, do deputado de Cultura, Xosé Leal, da comisaria da mostra, Montse Fajardo e dun familiar dunha das vítimas, Julián Jaso.

A mostra poderá visitarse en Tui ata o 30 de agosto.