Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui mostra gran dinamismo no eido da cultura, innumerables actividades o longo de todo o ano, enchen o calendario de citas de gran interese para tanto para os veciños como para os visitantes. As asociacións culturais das parroquias, os grupos de música tradicional, os coros e outros tipos de asociacións xunto co Concello conforman cada ano unha paisaxe chea de actividades de todo tipo. O teatro Municipal do edificio Francisco Sánchez e o escenario de boa parte delas, obtendo ano a ano cifras de espectadores propias de cidades de maior tamaño.  Exposicións, festivais de música e cine, feiras, … fan que a cultura teña en Tui un valor excepcional.

II Aula Internacional de Saxofón

O Conservatorio Profesional de Música de Tui acollerá do 10 ao 13 de xullo a II Aula Internacional de Saxofón organizada polo propio conservatorio e a Asociación Fray Rosendo Salvado. Os profesores este ano serán Rafael Yebra do CMUS Superior de Vigo e Arno Borkamp do CMUS Superior de Amsterdam. De forma paralela a actividade docente están previsto dous concertos dirixidos ao público en xeral na igrexa de San Domingos. O luns 10 ás 20.30h actuarán Rafael Yebra e Arno Borkamp e o xoves 13, tamén ás 20.30h, os alumnos participantes nesta II Aula Internacional de Saxofón.

Mañá presentación mañá mércores da Aloiada 2017

Galego

Mañá mércores 14 de xuño, ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da actividade Aloiada, organizada polos colexios CEIP Nº1, Nº2, Pazos de Reis, Guillarei, Rebordáns e Maristas,  en colaboración co Concello de Tui, no que máis de 170 nenos e nenas de sexto de primaria destes colexios, realizarán diferentes actividades deportivas no Parque Natural do Monte Aloia e no río Miño.

O pregón da profesora Dolores Balseiro abre as Festas de San Telmo 2017

Galego

O Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 15 de abril, ás 19.30h o acto oficial de comezo das festas de San Telmo coa lectura do pregón a cargo de Dolores Balseiro Pose, profesora de Literatura durante tres décadas no IES San Paio de Tui, membro da Asociación Amigos da Catedral e parte activa da vida social e cultural tudense.

Máis de 60 actores de seis grupos actuarán na IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo

Galego

Por noveno ano consecutivo coincidindo coas festas de San Telmo celébrase a Semana do Teatro Afeccionado na que os 60 actores dos seis grupos participantes serán os responsables cada tarde de levar a escena distintas obras teatrais, nunha aposta pola teatro amador que ten colleitado unha gran acollida por parte do público. Así o destacou esta mañá na presentación desta iniciativa a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, que compareceu xunto aos representantes dos seis grupos que actuarán este ano do 17 ao 22 de abril.

Os grupos tudenses amosarán o alto nivel do folclore local no festival que este domingo ás 18h se celebrará no Teatro Municipal

Galego

O domingo, 16 de abril, segundo día das festas de San Telmo, o programa comezará ás 12.30h co concerto da Banda de Música Popular de Tui no Paseo da Corredoira. As rúas do centro urbano contarán dende ás 17h coa animación musical da charanga Cantos Somos.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Cultura