Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Mascotas” chega este venres, 11 de agosto, á Praza de San Fernando

8/08/2017

Será ás 22.15h para público familiar. É a terceira das películas programadas este verán

A praza de San Fernando acollerá este venres, 11 de agosto, ás 22.15h a proxección da película de animación “Mascotas”. Esta é a terceira entrega do cinema de verán programado para os meses de xullo e agosto dentro da programación cultural do Concello.

Neste filme dirixido a público familiar os protagonistas son Max e Duke, dous cans que rivalizan por ser a mascota preferida da súa dona. Ambos, deixan a un lado as súas diferencias para facer fronte ao plan do coello Snowball que quere formar un exército de animais domésticos abandonados para vingarse dos seus donos.

En caso de choiva a proxección terá lugar no Teatro Municipal, nese caso o aforamento é limitado e deberán retirarse 2 entradas de balde por persoa media hora antes do comezo.